• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Estudantes do Centro de FP Afundación da Coruña retiran máis dunha tonelada de especies exóticas invasoras
Sala de prensa
Estudantes do Centro de FP Afundación da Coruña retiran máis dunha tonelada de especies exóticas invasoras

Estudantes do Centro de FP Afundación da Coruña retiran máis dunha tonelada de especies exóticas invasoras

mércores, 21 de febreiro de 2024
RSC

O programa de voluntariado ambiental de Afundación e ABANCA «Traballando pola mellora do patrimonio natural» reuniu esta mañá a máis de 50 persoas, principalmente estudantes e docentes do Centro de Formación Profesional Afundación da Coruña, convocadas polo programa de voluntariado Actúa de Afundación e ABANCA para realizar labores de retirada de especies botánicas exóticas invasoras na contorna da Torre de Hércules.

A actividade, organizada en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e o Concello da Coruña, tiña como obxectivo fundamental controlar a presenza de exemplares de Carpobrotus edulis (coñecida popularmente como «uña de gato») nunha zona de importante valor ecolóxico, declarada recentemente como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). As persoas participantes retiraron en total unha tonelada desta especie exótica invasora surafricana orixinaria da rexión do Cabo. A Carpobrotus edulis, que chegou a través da xardinería e ten unha gran capacidade enraizante, adoita ocupar medios costeiros, formando un tapiz sobre o substrato que altera as condicións do chan, principalmente insolación e dispoñibilidade de nutrientes.

O voluntariado da Obra Social de ABANCA, no marco do programa «Traballando pola mellora do patrimonio natural», colabora co control desta especie exótica invasora na contorna da Torre de Hércules desde 2017, dentro do proxecto desenvolvido polo grupo Naturalista Hábitat e o Concello da Coruña. Co recolleito hoxe, retiráronse ata o de agora máis de 62 toneladas de «uña de gato».

Xunto aos labores de limpeza e retirada de especies invasoras, as persoas participantes recibiron información sobre este enclave e sobre boas prácticas para contribuír así á súa posta en valor e conservación da súa riqueza natural, como parte dos obxectivos deste programa que buscan non só recuperar a contorna, senón tamén contribuír a estender na sociedade unha conciencia sostible.

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, Afundación e ABANCA queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 «Redución das desigualdades», ODS 13 «Acción polo clima», ODS 14 «Vida submarina» e ODS 15 «Vida de ecosistemas terrestres».

 

As imaxes da actividade están dispoñibles aquí

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078