
As entradas para «Bacanal», no Teatro Afundación Vigo, á venda en Ataquilla.com
20.04.2022. Están á venda en Ataquilla.com as entradas para «Bacanal», o máis salvaxe cabaré dos sentidos do Circo de los Horrores, que terá lugar desde o 28 de abril ata o 2 de maio no Teatro Afundación Vigo, en distintas funcións diarias.
O Circo de los Horrores presenta a súa quinta entrega, «Bacanal», un show único, irreverente e sensual, que chega para avivar os instintos máis básicos do ser humano, os seus desexos máis ocultos e dar renda solta aos praceres máis carnais. Conta a lenda que, cada cen anos, Lucifer ofrece aos humanos unha noite de excesos, luxuria e pracer a cambio das súas almas, pero unha soa noite. Unha grande orxía de sensacións que non entende de límites nin regras. Sobre unha longa mesa, Lucifer, o gran mestre de cerimonias, vai recibindo os seus invitados, ávidos dunha festa de lascivia e frenesí. Durante a velada e antes de que cante o galo, celébrase unha grande orxía de sabores, olores e colores, de comidas afrodisíacas, de bebidas exóticas e de xogos eróticos inimaxinables. Unha vez máis, neste novo espectáculo, fusiónase o teatro de vangarda, o circo contemporáneo e o cabaré máis salvaxe, inconfundibles selos de identidade de El Circo de los Horrores. O espectador desfrutará de actos circenses de gran magnitude, onde os artistas sorprenderán con atractivos e insinuantes movementos e perversas acrobacias. Monólogos enxeñosos e hilarantes, onde o poder da palabra xogará co sensual, o erótico e o perverso. Cunha técnica visual novidosa, grazas a unha perfecta e acorde iluminación e unha aposta musical forte, con grandes voces en directo e danza acrobática, clásica e moderna, introducida en cada un dos movementos do espectáculo. Este explosivo cóctel de insólitos ingredientes fusiónase baixo unha xigantesca carpa, onde a escenografía e o vestiario nos trasladan á época de esplendor de Luís XIV de Francia, el Rei Sol. Un espectáculo único no seu xénero, que transporta o espectador polas sinistras bacanais e fastosos aquelarres que espertan os seus instintos máis básicos.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.