• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A UIE reforza a súa vocación internacional coa súa alianza coa Universidad Católica de Uruguay
Sala de prensa
A UIE reforza a súa vocación internacional coa súa alianza coa Universidad Católica de Uruguay

A UIE reforza a súa vocación internacional coa súa alianza coa Universidad Católica de Uruguay

martes, 03 de setembro de 2024
Educación superior

O Campus de Vigo da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) recibiu hoxe a visita institucional do reitor da Universidad Católica de Uruguay (UCU), Julio Fernández Techera, na que se afianzaron as alianzas entre ambas as institucións de cara aos programas internacionais de mobilidade dos seus estudantes e claustros académicos. Ademais, a UCU é aliada estratéxica da UIE no desenvolvemento do grao de Psicoloxía que a universidade galega inaugura neste curso 2024-2025, así como nos de ADE e Administración de Negocios Dixitais e no MBA. Neste encontro acompañaron o reitor da UCU a coordinadora xeral Académica da UIE, Bettina Checchia Cotti; Anabel Caneda González, profesora titular e coordinadora de Programas Académicos de Posgrado na UIE; e Ramiro Rodríguez Bausero, cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

A relación entre Galicia e Uruguai é unha liña de atención de notable interese para a UIE, unha institución centrada co compromiso internacionalista e de coñecemento e achegamento con América Latina que se viu potenciada, moi especialmente, tras a sinatura do convenio de colaboración con AEGU (Asociación de Empresarios Gallegos de Uruguay) o ano pasado e que agora se consolida con este novo marco cooperativo, promovido pola UIE, entre os dous territorios.

 

UIE: vocación internacional

Desde unha visión e vocación internacionais, UIE mantén colaboracións con universidades de recoñecido prestixio. En Europa, coa London School of Economics en Reino Unido, Haute École de Gestion de Genève en Suíza, Dublin Business School en Irlanda, Flensburg University of Applied Sciences en Alemaña, Poznan University of Economics en Polonia, Université Toulouse III-Paul Sabatier en Francia, University of Applied Sciences of Vienna en Austria e as Universidades Nova e Porto en Portugal. A última incorporación foi a da Norwegian School of Economics.

En América, conta con acordos con Georgetown University, a Universidade de California Riverside, a State University of New York at Albany, en Estados Unidos, IESA en Panamá, aos que se suma a Universidad Católica de Uruguay.  

E en Asia, cabe destacar, ademais da estreita colaboración con UIBE, a alianza con Tianjing Foreign Studies University e Aydin University de Turquía.

A UIE ampliou recentemente estes acordos e alianzas internacionais en Europa e América coa incorporación da Asociación Colombiana de Facultades de Administración (ASCOLFA), entidade que representa 132 institucións de educación superior de Colombia e a alianza estratéxica con Advanced Leadership Foundation (ALF), con sede en Washington DC e presidida por Juan Verde, asesor do presidente Joe Biden, para a realización de prácticas en empresas 500 Fortune en Estados Unidos. Ademais subscribiuse en exclusiva en Galicia un convenio coa prestixiosa Universidade de Cambridge (Girton College), que permite os estudantes da UIE participar en programas especializados de Empresa e Enxeñería na súa Summer School e con Poznan University of Technology de Polonia no ámbito de enxeñería.

Así mesmo, en 2023 asináronse alianzas con toda a clase empresarial galega de América, subscribindo convenios, ademais de con AEGU (Asociación de Empresarios Gallegos de Uruguay), AEGA Arxentina, AEGASP (Asociación de Empresarios Gallegos de São Paulo Brasil) e UMEGAL (Unión Mexicana de Empresarios Gallegos).

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078