• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Sinfónica de Galicia clausura o día 11 a Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación en 2025
Sala de prensa
A Sinfónica de Galicia clausura o día 11 a Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación en 2025

A Sinfónica de Galicia clausura o día 11 a Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación en 2025

luns, 01 de decembro de 2025
Cultura

A Sinfonía n.º 5 en si bemol maior de Anton Bruckner soará o próximo 11 de decembro no Teatro Afundación interpretada pola Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG), que comparecerá dirixida pola finlandesa Eva Ollikainen. O concerto servirá para clausurar a Tempada de Abonos de Clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo. As persoas que non dispoñan de abono e queiran asistir poden buscar as súas localidades en Ataquilla.com. Apenas quedan butacas dispoñibles.

Desde o pasado mes de xaneiro, a Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación programou un total de 10 concertos. As persoas asistentes puideron gozar de sesións musicais coa Orquesta Sinfónica de Galicia, a Hamburger Elbphilharmonisches Sextett, a Real Filharmonía (RFG) e o Orfeón Terra A Nosa.

A Tempada de Abonos fixo comparecer sobre o escenario do Teatro Afundación directoras e directores de diferentes países e solistas que tocan habitualmente xunto a algunhas das mellores orquestras do planeta. Mesmo houbo estreas mundiais. As persoas que asisten a estes concertos poden facelo mercando abonos bonificados ou adquirindo entradas soltas cando quedan dispoñibles. O equipo de Cultura de Afundación traballa xa na nova Tempada de Abonos de Clásica, que comezará a inicios de 2026.

 

De Bruckner a Eva Ollikainen

A presenza das composicións do austríaco Anton Bruckner (1824-1896) é unha constante nos repertorios das principais orquestras do mundo. Bruckner foi un dos grandes creadores musicais do romanticismo en Alemaña. Escribiu a Sinfonía n.º 5 en si bemol maior entre 1875 e 1878, na súa frutífera época vienesa.

Eva Ollikainen, a directora que conducirá á OSG neste concerto, naceu na cidade finlandesa de Espoo en 1982. É unha das directoras de orquestra dos países nórdicos máis destacadas a nivel internacional. Actualmente, é a directora artística e xefa da Orquestra Sinfónica de Islandia. Dirixiu formacións como a Staatskapelle Dresden (Alemaña) e a austríaca Orquestra Sinfónica de Viena.

O concerto, no que soarán os catro movementos da Sinfonía n.º 5 en si bemol maior de Bruckner, ten unha duración estimada de 80 minutos.

 

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes aos concertos poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación de Vigo. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

 

 

 

 

 

Hai imaxes de Eva Ollikainen e da OSG nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078