• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A RFG e Darío Solari proporán unha viaxe polos sons populares de América Latina no seu concerto do 15 de marzo en Afundación
Sala de prensa
A RFG e Darío Solari proporán unha viaxe polos sons populares de América Latina no seu concerto do 15 de marzo en Afundación

A RFG e Darío Solari proporán unha viaxe polos sons populares de América Latina no seu concerto do 15 de marzo en Afundación

xoves, 14 de marzo de 2024
Cultura

«Arxentina e México foron dous dos países de Latinoamérica que acolleron a un maior número de emigrantes e exiliados galegos; por iso, quixemos facer un programa homenaxe á súa música popular». Así explican dende a Real Filharmonía de Galicia (RFG) a concepción do concerto Sons americanos, unha proposta que chegará á Sede Afundación de Pontevedra mañá, 15 de marzo. A «homenaxe» pasa tamén por Uruguay e polo Caribe colombiano.

Porque o concerto é, tamén, unha viaxe polas tradicións musicais dos países americanos e as súas mesturas coas sonoridades que chegaron de Europa. O barítono convidado, Darío Solari, actuará tamén coma narrador. O director titular da RFG, Baldur Brönnimann, levará a batuta. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com. A Sociedad Filarmónica de Pontevedra participa na organización do concerto.

Solari é recoñecido por ser un dos principais intérpretes do repertorio do Bel Canto, o estilo que trunfou dende o século XVIII e ata ben entrado século XIX.  Cantou en boa parte dos principais escenarios para a música vocal de países coma Italia ou Alemaña. Traballou da man de directores como Zubin Mehta, e Lorin Maazel ou con dramaturgos e directores de escena da talla de Bob Wilson.

Imaxes na seguinte ligazón.

Viaxe musical e mestizaxe

A viaxe musical que propón o concerto comeza coa obra Huapango, do mexicano José Pablo Moncayo. Segue despois no Cono Sur, coas Cinco canciones al estilo popular rioplatense de Vicente Ascone, un compositor de orixe italiana que desenvolveu o seu labor artístico en Uruguay. E continúa, a viaxe, en Arxentina, coa música do ballet Estancia. Compúcoo Alberto Ginastera en 1946 a partir do folclore do país americano e as súas mestizaxes coas músicas que foran levando os poboadores europeos durante as décadas anteriores.

Soará, despois, Acuarela, obra do Adolfo Mejía, un dos grandes compositores de Colombia no século XX. O Danzón nº 2 do mexicano Arturo Márquez será a composición que peche o concerto.. Dende a RFG explican que nas pezas destes autores «atopamos un claro exemplo de como a música popular azteca, con elementos do folclore e ritmos indíxenas, convive e se sincretiza» coa música europea.

Máis concertos en Afundación antes do verán

O do RFG será un dos dous concertos de música culta programados pola Obra Social de ABANCA antes do verán. O Coro Fundación Princesa de Asturias presentarase ante o público da Sede Afundación de Pontevedra o 3 de maio cun repertorio de música coral cheo de emocións. A Orquestra Sinfónica de Galicia presentarse o 17 de maio e interpretará obras de Ernesto Halffter e Manuel de Falla acompañada pola solista Marina Heredia.

Ambos os concertos organízanse, tamén, en colaboración coa Sociedade Filharmónica de Pontevedra. E todos eles forman parte do programa «Cultura por alimentos», que Afundación leva a cabo en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes poderán entregar alimentos non perecedoiros no acceso á sede de Afundación en Pontevedra para a súa distribución ao banco de alimentos local.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078