• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Fundación IgualArte participa no programa de teatro para escolares de Afundación con 'Mistura'
Sala de prensa
A Fundación IgualArte participa no programa de teatro para escolares de Afundación con

A Fundación IgualArte participa no programa de teatro para escolares de Afundación con 'Mistura'

mércores, 05 de novembro de 2025
Conocimiento y Formación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá xoves 6 de novembro, ás 10.00 e ás 12.00 h, no Auditorio da Sede Afundación da Coruña, unha nova proposta escénica dentro da súa programación de actividades para escolares. Nesta ocasión, a Fundación IgualArte presenta Mistura, un espectáculo audiovisual con música orixinal en directo, que se representará ante preto de 200 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de 4 centros escolares da Coruña e localidades derredor.

A Fundación IgualArte traballa con persoas con diversidade funcional no eido artístico dende 2002. Nace da premisa de que a arte é un dereito colectivo e, partindo disto, crea a primeira escola artística estable. No 2008 pon en marcha o primeiro centro ocupacional artístico, perseguindo a especialización para a integración laboral.

As súas diferentes agrupacións artísticas participan en moitas das propostas educativas de Afundación, e nesta ocasión presentan Mistura, un espectáculo audiovisual con música orixinal en directo que percorre un camiño de luces e sombras, convidándonos a viaxar por temáticas nas que a mestura é a protagonista, presente na nosa vida diaria e sendo actriz principal nas nosas vidas. A posta en escena é un berro que defende todos os matices, apostando pola conquista do diferente, pola pluralidade e diversidade, facéndonos conscientes de que esta non pode ser incómoda e convidándonos a saír da casca e do medo.

As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais. 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078