• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A exposición «O Camiño ilustrado» na Sala de Exposicións Afundación Ourense, a través dos luminosos pinceis de Alicia Aradilla
Sala de prensa
A exposición «O Camiño ilustrado» na Sala de Exposicións Afundación Ourense, a través dos luminosos pinceis de Alicia Aradilla

A exposición «O Camiño ilustrado» na Sala de Exposicións Afundación Ourense, a través dos luminosos pinceis de Alicia Aradilla

mércores, 11 de maio de 2022
Cultura

11.05.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Xacobeo presentan na Sala de Exposicións Afundación Ourense, a nova mostra que acolle a sala expositiva compostelá ata o vindeiro 10 de xullo, «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla». A este acto inaugural acudiron Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura Afundación; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 21-22; e Rubén Saavedra, director territorial de ABANCA en Ourense.

«O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla» recolle 60 acuarelas realizadas pola recoñecida ilustradora e autora de cadernos de viaxe que a día de hoxe conta con máis de 125 000 seguidores en Instagram. As ilustracións que conforman a mostra abordan o camiño cunha mirada nova, fresca e luminosa.

As imaxes están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1XVXrRHpHgBtxrrxIa_ICiWUBmqFtB8-r?usp=sharing

 

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

Articulada en tres seccións fundamentais ―«O Camiño», «Os camiñantes» e «Compostela. A cidade e o seu patrón»―, e con textos explicativos do doutor en Historia e experto medievalista Feliciano Novoa, a mostra compleméntase cunha sección dedicada ao movemento sketch urban (debuxo do entorno natural e cotián a través de cidades, camiños e viaxes) do que Alicia Aradilla é un referente internacional.

 

Esta exposición, orixinada a partir da publicación El camino ilustrado de Editorial Planeta, trasladará o público ás distintas cidades monumentais que atravesa o Camiño de Santiago. Navarra, Burgos ou León, por exemplo, e a súa fauna e flora, conviven nunha mostra que homenaxea tanto o patrimonio cultural como o natural dunha ruta descrita como de conformación da esencia europea. É o Camiño de Santiago a senda de peregrinación con maior antigüidade e tránsito de toda Europa. Son centos de anos cativando todas as persoas que se animan a descubrilo e vivilo, o que explica que sexan moitos os e as artistas atraídos por el, e que o converteron en fonte de inspiración e temática da súa obra.

Como explica Feliciano Novoa, tradicionalmente entendeuse o Camiño como unha fonte de intercambio cultural, e este é un aspecto especialmente interesante no caso de Alicia Aradilla, porque as súas viaxes tamén se alimentan dese rico intercambio cultural que sucede cando se atravesan as fronteiras propias. Na mostra, dedícase unha sección para entender o vínculo entre a viaxe e a creación, que no caso de Aradilla é tan notorio. Hai tamén exposto material orixinal da autora, como un caderno de viaxe, ou pinceis e acuarelas que adoita levar na súa mochila cando viaxa. Tamén documentación audiovisual (fotografía e proxeccións), que mostran como a súa paixón polas acuarelas e a viaxe a levou a outras partes de España e do mundo.

 

Alicia Aradilla

 

En 2017 deixou a súa carreira para percorrer case 20 países durante un ano e poder recoller a súa experiencia en acuarelas. Froito deste periplo, realizou máis de 700 ilustracións nos seus cadernos de viaxe, que foi mostrando nas súas RRSS, onde actualmente ten mais de 125 000 seguidores da súa obra. 

Considerada unha auténtica referencia no seu campo, comezou no mundo do urban sketch (debuxo en contorno urbano) en 2016, gañándose axiña o recoñecemento da crítica e público, e convertendo desde entón a acuarela e a tinta no seu medio para captar experiencias e plasmalas en papel. Deste modo, cada debuxo se impregna dunha historia, un concepto que entusiasma tanto a viaxeiros como a artistas.

Alicia Aradilla percorre os recunchos de distintos países cunha caixa de acuarelas na mochila, deténdose durante un bo anaco a retratar paisaxes no seu caderno. Ademais de Instagram, onde tamén sobe Stories nas que resolve dúbidas aos seus seguidores, ou ben making of da súa publicación diaria, a ilustradora condensa todas as experiencias na súa propia canle de YouTube.

 

A mostra permanecerá aberta a partir de mañá en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados, domingos e festivos, de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078