
A comedia de Patricia Espejo, na Sede Afundación A Coruña
20.04.2022. A Sede Afundación A Coruña acollerá o próximo 23 de abril ás 19.30 h o novo espectáculo humorístico de Patricia Espejo. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
Cómica cunha longa traxectoria facendo rir en «El Club de la Comedia», «Comedy Central», «Sopa de Gansos», «Late motiv», «Las que faltaban», «Comediants» e «Esto no es una serie» tamén foi parte do equipo de guionistas de «Dani y Flo» en Cuatro, «Stop princesas» en Comedy central e en Vodafone. Gañadora de prestixiosos premios no ámbito da comedia coma o anel de Phi beta lambda segunda tempada e dos premios Opera do 2013.
Patricia Espejo, natural, espontánea e especialista en humor absurdo, un tipo de humor que se vale das situacións disparatadas ou incoherentes para xerar a risa no público, desenvolve unha comicidade que se basea na irracionalidade. É un humor totalmente afastado da realidade, pero que á vez nos mergulla no esencial dela. A risa é inevitable, e a gargallada, continúa.
Actualmente encóntrase de xira co seu espectáculo por teatros de toda España.
As imaxes están dispoñibles aquí:
https://drive.google.com/drive/folders/1kyBzMAsyWTRyTkeHprufw_ObK0HJcoCp?usp=sharing
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.