
A comedia de éxito en Broadway e o West End, no Teatro Afundación Vigo
01.04.2022. O Teatro Afundación Vigo acolle, entre o 8 e o 10 de abril, a comedia de maior éxito recente no West End e Broadway, e con maior repercusión nas salas de todas as cidades nas que se representa, La función que sale mal. Con sesións o día 8 de abril ás 20.30 h, o día 9 ás 17.30 e ás 20.30 h, e o día 10 ás 19.00 h, é a gran comedia de éxito para todos os públicos. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
As imaxes están dispoñibles aquí:
https://drive.google.com/drive/folders/1kyBzMAsyWTRyTkeHprufw_ObK0HJcoCp?usp=sharing
La función que siempre sale mal
Gañador do Premio Olivier 2015 á mellor comedia, este espectáculo presenta un grupo de teatro amateur na estrea da súa obra de misterio na que, como o mesmo título fai temer, todo o que pode saír mal, sae mal. Extrañamente propensos aos accidentes, os actores loitan contra as adversidades ao longo de toda a representación, cunhas consecuencias tan divertidas como irreparables.
La función que sale mal fixo que máis de oito millóns de espectadores de partisen xa de risa desde a súa estrea no West End en Londres (2012), acumulando os maiores premios na súa categoría. Converteuse na comedia máis vista de Broadway durante dúas tempadas e o seu éxito internacional esténdese a máis de 30 países.
En España, acudiron aos teatros a vela preto de medio millón de espectadores, nuns anos nos que, se todo podía saír mal, todo saíu peor. Unha pandemia e a maior nevada do século en Madrid (que bloqueou a entrada do teatro), súmanse á cantidade de accidentes que sofren os personaxes en cada representación… Porén, e contra todo prognóstico, o grande acontecemento teatral dos últimos anos, chega a Vigo con 500 funcións realizadas xa en España.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.