• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights, visita Galicia invitada por Afundación e a UIE
Sala de prensa
Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights, visita Galicia invitada por Afundación e a UIE

Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights, visita Galicia invitada por Afundación e a UIE

luns, 03 de novembro de 2025
Educación superior

Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights, iniciou hoxe a súa primeira visita institucional a Galicia no marco da colaboración subscrita entre a fundación que custodia o legado do seu pai, o senador estadounidense Robert F. Kennedy, a Universidad Intercontinental de la Empresa e Afundación, a Obra Social de ABANCA.

A visita institucional de Kerry Kennedy forma parte do protocolo de colaboración asinado pola súa fundación en España, a UIE e Afundación para establecer un marco de traballo conxunto que permita impulsar programas que contribúan a difundir a necesidade de concienciar sobre os dereitos humanos, a tolerancia e os valores democráticos na mocidade e na infancia.

Nun encontro cos medios, celebrado esta mañá na Sede Institucional de UIE en Santiago, a presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights, Kerry Kennedy, subliñou «a necesidade de demostrarlles ás novas xeracións, agora que se atopan ante enormes desafíos como o cambio climático, a intelixencia artificial, determinando mesmo entrevistas de traballo, as ameazas á liberdade de expresión, á liberdade de prensa, o recorte de dereitos a colectivos minoritarios e minorizados, que existen oportunidades, alternativas, dereitos e opcións, e que a educación é o camiño para acceder a elas e materializalas».

Pola súa banda o presidente de Afundación e reitor da UIE, Miguel Ángel Escotet, destacou «que precisamente o papel determinante da educación como semente de futuro na consecución e mantemento dos dereitos humanos, a colaboración entre estas institucións é vital para perseverar no respecto imprescindible para o progreso social».

Na rolda de prensa estivo presente tamén a presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights España, Dra. María Díaz de la Cebosa, artífice da colaboración entre as tres entidades, quen incidiu «na educación como columna vertebral para o desenvolvemento de todos os países, por iso consideramos relevante a acollida do proxecto en Galicia, tanto na UIE como en Afundación, dúas institucións de prestixio e alcance, e comprometidas co legado de Robert F. Kennedy, cuxa continuidade representa Kerry Kennedy». 

Neste primeiro acto, no que Kerry Kennedy asinou no libro de honra da universidade, celebrouse unha reunión entre a Fundación Robert F. Kennedy Human Rights e Afundación e UIE, que marca o inicio das actividades conxuntas.

 

Profesora honoris causa pola UIE

Esta tarde a Universidade Intercontinental da Empresa nomeará a Kerry Kennedy profesora honoris causa da Facultade de Administración de Empresas e Dereito nunha cerimonia solemne que terá lugar ás 18.00 h en Santiago de Compostela. A presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights pronunciará unha conferencia maxistral e recibirá o diploma e a medalla académica da UIE. O reitor Miguel Ángel Escotet fará a laudatio: «Kerry Kennedy: A forza da palabra, a compaixón e a lei». Previamente, ás 16.30 h, manterá un coloquio cos estudantes da UIE na súa sede en Santiago, destinado a fomentar o diálogo directo entre mocidade e unha das voces internacionais máis destacadas na promoción dos dereitos civís.

O programa continuará mañá, martes 4 de novembro, no IES Rosalía de Castro, onde manterá un encontro ás 11.00 h con estudantes e profesores como parte da programación deseñada polas tres entidades.

Kerry Kennedy visitará pola tarde A Coruña, onde visitará a Sede de Afundación, ás 17.30 h e reunirase, ás 18.30 h, cunha delegación de Special Olympics Galicia.

 

Fundación Robert F. Kennedy Human Rights

A Robert F. Kennedy Human Rights Foundation, con sede en Washington D.C. e con presenza en 60 países, foi creada en 1968 por amigos e familiares do senador estadounidense Robert F. Kennedy, asasinado ese ano, para promover o seu legado moral. Entre as súas iniciativas destaca a concesión do Premio de Dereitos Humanos con ese nome desde 1984 ao obxecto de distinguir persoas de todo o mundo que fixesen unha contribución significativa aos dereitos humanos nos seus respectivos países.

En 2019 Kerry Kennedy, filla de Robert F. Kennedy, fundou a súa división española, RFK Human Rights Spain, con sede en Madrid, que se centra en preservar os seus valores: a defensa dos dereitos humanos, a xustiza social e o poder da acción individual. Así, a fundación promove a paz, o respecto, a educación en valores e o desenvolvemento do talento en nenos e adolescentes, fomentando a cohesión social e a diversidade.

Kerry Kennedy ten un doutoramento na prestixiosa Facultade de Dereito de Boston College e varios doutoramentos honoris causa e premios internacionais en Estados Unidos, América Latina e outros países dos cinco continentes. Entre as súas publicacións destacan Decir la verdad al poder, Robert F. Kennedy: Olas de esperanza e Citizenship Education and the Modern State.

 

Imaxes da sinatura no libro de honra e do encontro con medios AQUÍ

Esta tarde, a partir das 19.30 h aproximadamente estarán dispoñibles as imaxes da cerimonia de nomeamento como profesora honoris causa AQUÍ.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078