• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias José Carlos Plaza propón no Teatro Afundación de Vigo unha reflexión sobre o mal na súa versión libre do Macbeth
Sala de prensa
José Carlos Plaza propón no Teatro Afundación de Vigo unha reflexión sobre o mal na súa versión libre do Macbeth

José Carlos Plaza propón no Teatro Afundación de Vigo unha reflexión sobre o mal na súa versión libre do Macbeth

martes, 01 de outubro de 2024
Cultura

En que avanzou a humanidade desde a época de William Shakespeare? É unha das grandes reflexións que propón La mujer sin nombre: Señora de Macbeth, a obra teatral creada como versión libre do clásico Macbeth, de William Shakespeare. Asina o texto, o vestiario, a escenografía e dirixe o espectáculo, un dos grandes directores da escena española nos últimos anos: José Carlos Plaza. A actriz Olga Rodríguez daralle vida á señora de Macbeth. O intérprete Israel Frías asume o papel do protagonista masculino, Macbeth. Aínda están dispoñibles algunhas entradas en Ataquilla.com.

José Carlos Plaza partiu do tema central da obra de Shakespeare, o mal, para desenvolver esta versión libre da obra, unha dos grandes clásicos do teatro de todos os tempos. Porque cando o dramaturgo inglés escribiu esta peza, lembra Plaza, fixo «a obra sobre o mal». O director do espectáculo cre que «hoxe estamos rodeados polo mal: mentiras evidentes, tensións premeditadas, odios inducidos, violencia de xénero…».

Na súa versión, o tamén director do espectáculo quixo, segundo explica, «estudar a esencia da obra» a partir de «tres personaxes: unha muller, un home e o Mal». Pola trama desfilan «unha muller da que Shakespeare oculta o seu pasado» e «un home honesto envelenado pola ambición que é incitado á violencia que corrompe o seu espírito».

José Carlos Plaza foi director do Centro Dramático Nacional e gañou en tres ocasións o Premio Nacional de Teatro. Os intérpretes Olga Rodríguez e Israel Frías tamén son dous referentes da escena española. Compaxinan a súa actividade sobre os escenarios con proxectos noutros soportes como o cinema ou a televisión.

Tempada de abono

O espectáculo é unha das 13 obras teatrais programadas polo Teatro Afundación entre os meses de setembro e decembro e forma parte da Tempada de abono de Teatro, que ofrecerá dous espectáculos máis antes de que remate o ano. Ambos teñen á fronte dos seus elencos grandes nomes da interpretación en España.

O vindeiro 8 de novembro chega ao Teatro Afundación Mentiras Inteligentes, unha elaborada comedia arredor da felicidade. A súa protagonista principal é María Luisa Merlo. No mes de decembro será a quenda de Pandataria, un espectáculo de teatro e danza que ten por protagonista principal a Cayetana Guillén-Cuervo. A obra volve sobre o momento da ditadura de Mussolini en Italia no que un grupo de prisioneiros redacta o Manifiesto de Ventotene, en defensa dunha Europa libre, un texto considerado precursor da idea do federalismo europeo.

 

Cultura por alimentos

O público que asista ao Teatro Afundación poderá colaborar coa campaña «Cultura por alimentos», desenvolvida pola Obra Social de ABANCA e a Federación Española de Bancos de Alimentos. Para colaborar, abonda con deixar alimentos non perecedoiros nos colectores ubicados para tal fin no teatro. A comida recollida será distribuída entre familias en risco de exclusión en Vigo e a súa área de influencia. 

 

 

 

 

Imaxes dispoñibles nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078