• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo
Sala de prensa
Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo

Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo

venres, 26 de decembro de 2025
Mayores

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e ADCOR son dúas das 13 entidades sociais que están a desenvolver desde outubro ata o vindeiro xaneiro o programa de Afundación «Coñecendo as emocións», con 259 persoas usuarias das súas organizacións, en 21 localidades galegas e Madrid. A iniciativa, que está na súa V edición, foi codiseñada con persoas maiores, testeada, validada e implementada en catro edicións sucesivas en colaboración con Matia Instituto, entidade dedicada desde hai máis de 20 anos á investigación no ámbito do envellecemento.

Como novidade nesta edición, a partir do traballo de cocreación levado a cabo polo equipo de Afundación con profesionais de seis entidades durante 2024, impartiuse unha versión do programa que se adaptou ás necesidades e capacidades cognitivas de participantes de centros de día e residencias e persoas usuarias de asociacións que traballan en contornas vinculadas ás enfermidades mentais. A transcendencia desta adaptación consiste en levar a formación en competencias emocionais a contornas asistenciais e de coidados con materiais especificamente adaptados.

AS EXPERIENCIAS DE PARTICIPANTES E FACILITADORAS

COGAMI desenvolve nesta edición o programa en oito dos seus centros en Galicia. En Arteixo contou nesta ocasión con 10 participantes que finalizarán o programa o 15 de xaneiro. Todos son familiares de persoas que están nos seus centros residenciais e de día, e coinciden en subliñar a importancia de realizar actividades en clave emocional. Como comenta unha das participantes, «non era consciente de todo o que implicaba a xestión emocional e ao abordala deime conta de que descoñecía moitos aspectos». Para Belén Fernández Rego, facilitadora, o máis importante é que nos atopamos «cun grupo moi cohesionado, que se presta apoio, consólase, dáse ánimos e é moi participativo». 

Desde o centro ADCOR da Coruña, onde se desenvolveu por primeira vez «Coñecendo as emocións» na súa versión adaptada, e que contou con 6 participantes nesta edición, as facilitadoras Marga Barreira e Graciela Créstar subliñan que «o clima creado no grupo tanto por persoas residentes como facilitadoras, foi moi cálido, de moito respecto e complicidade». Mentres, as persoas usuarias inciden sobre todo na importancia de «falar destas cousas que non se abordan noutros sitios».

Un impacto positivo que destacan tamén, ademais das persoas usuarias destas 2 entidades, as 10 persoas socias que participan nesta edición no Espazo+60 Afundación da Coruña, que finalizará o vindeiro 19 de xaneiro. En palabras de Esther González, facilitadora, «encántame ver a boa acollida que ten o programa edición tras edición e a curiosidade e ilusión coa que se achegan as persoas participantes». Tal e como di unha destas participantes, «fun educada para calar, sen saber que as emocións non son inimigas, senón guías. Ao comezo doeume darme conta de todo o que perdín por non saber xestionar os meus sentimentos, pero este curso estame a ensinar que estar ben comigo mesma é o primeiro paso para estar ben co mundo. Ogallá todos tivésemos esta oportunidade: aprender a sentir axuda a vivir mellor». 

O PROGRAMA

Os resultados obtidos ata o de agora evidencian que «Coñecendo as emocións» permitiu a mellora do benestar e a adquisición de competencias emocionais das persoas participantes, segundo a investigación realizada por Afundación e Matia Instituto, entidade de referencia en España na materia e con máis de 20 anos de traxectoria. Os resultados, validados ao longo destas 5 edicións, mostran que 9 de cada 10 persoas obtiveron beneficios nalgunha dimensión, mellorando a súa conciencia emocional, a súa comprensión das emocións, a súa regulación ou o seu nivel de benestar. Ademais disto, as persoas participantes relatan que melloraron nas súas relacións con elas mesmas e cos demais, grazas á adquisición e desenvolvemento de habilidades e competencias como a escoita activa, a comunicación asertiva ou aprender a poñer límites. Tamén se observa un resultado significativo na saúde percibida, de maneira que as persoas valoran mellor o seu estado de saúde ao finalizar o programa de forma consistente ao longo das distintas edicións.

«“Coñecendo as emocións” permite ás persoas participantes fortalecer os seus recursos persoais e compartir experiencias que lles axudan a afrontar as situacións cotiás, entender as súas reaccións, tomar alternativas para regularse e coidar os vínculos afectivos, e así o subliñan tras finalizar as sesións», destaca Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación. 

Tras a exitosa experiencia con persoas socias dos 11 espazos +60 Afundación, o programa estendeuse desde 2024 a 47 centros de distintas entidades que traballan tamén no ámbito das persoas maiores en localidades das catro provincias e, en 2025, a Madrid. O obxectivo é compartir aprendizaxes e xerar unha rede de entidades sociais do ámbito do envellecemento activo e saudable con interese en traballar a mellora do benestar emocional a medida que envellecemos.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078