• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo
Sala de prensa
Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo

Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo

venres, 26 de decembro de 2025
Mayores

Cruz Vermella Española é unha das 13 entidades sociais que están a desenvolver desde outubro ata o vindeiro xaneiro o programa de Afundación «Coñecendo as emocións», con 259 persoas usuarias das súas organizacións, en 21 localidades galegas e Madrid. A iniciativa, que está na súa V edición, foi codiseñada con persoas maiores, testeada, validada e implementada en catro edicións sucesivas en colaboración con Matia Instituto, entidade dedicada desde hai máis de 20 anos á investigación no ámbito do envellecemento.

Como novidade nesta edición, a partir do traballo de cocreación levado a cabo polo equipo de Afundación con profesionais de seis entidades durante 2024, impartiuse unha versión do programa que se adaptou ás necesidades e capacidades cognitivas de participantes de centros de día e residencias e persoas usuarias de asociacións que traballan en contornas vinculadas ás enfermidades mentais. A transcendencia desta adaptación consiste en levar a formación en competencias emocionais a contornas asistenciais e de coidados con materiais especificamente adaptados.

AS EXPERIENCIAS DE PARTICIPANTES E FACILITADORAS

Cruz Vermella Española desenvolve nesta edición o programa no seu centro de Lugo, onde finalizará o 4 de febreiro. Conta con 10 participantes que destacan como lles permitiu «ademais de aprender cousas, ir saíndo da parte negativa e converténdoa en positiva» ou, como destaca outra das persoas participantes, «aínda que a miña mente e pensamentos sempre se poñen no peor e iso fai que o pase moi mal, entre todo o grupo aproveitamos para xerar pensamentos alternativos e facer unha pequena reestruturación cognitiva en vivo. Considero que é moi enriquecedor e bonito». Unha apreciación que comparte Mariña Rodríguez Castro, facilitadora, quen destaca como «observei que as usuarias gozan e aprenden, mentres falan do que lles sucede semana a semana. Abrimos a posibilidade, que moitas quizá non barallaban, de que hai máis emocións das que se esperaban e que estas son posibles de regular». 

Un impacto positivo que destacan tamén as 21 persoas socias que participaron nesta edición nos Espazos +60 Afundación de Monforte e Viveiro (no Espazo +60 Afundación de Lugo comezará no mes de xaneiro).

Desde o Espazo +60 Afundación de Monforte, que contou con 6 participantes nesta edición que finalizará o próximo 22 de xaneiro, a facilitadora María Lillo destaca «a capacidade de asimilación e clasificación por parte das persoas participantes. Tanto é así que nas últimas sesións xa non acudimos ao apoio visual xa que somos capaces de lembrar, retomar e avanzar coa seguridade de ir crecendo e coñecéndonos». Así, as participantes resaltan como atoparon, por exemplo, «un lugar onde me sinto acompañada para compartir as miñas vivencias, aprender a poñer nomes aos meus sentimentos e a regular as miñas emocións». Ou como a experiencia os transforma: «O verdadeiro cambio non é a ausencia de sufrimento, é a presenza de recursos e este programa está a axudarme moito a darme conta de que a dor vén e vai, que segue tendo voz na miña vida pero xa non ten o control». 

Finalmente, no Espazo+ 60 Afundación de Viveiro acaban de finalizar esta nova edición onde participaron 5 persoas. En palabras de Mariam Baltar, facilitadora, «é fascinante observar como pasaron da estrañeza inicial a unha implicación total, comprendendo que coidar da súa saúde emocional é o mellor agasallo que poden facerse a elas mesmas». Mentres, as persoas usuarias relatan «encantoume ter un espazo tranquilo cada semana onde poder falar de todo o que teño dentro e que nunca conto a ninguén. É difícil ao comezo, pero un día atópome cómoda e comezo a compartir e despois xa me sinto moi ben. Creo que diso se trata, non? De estar mellor e entender o que sentimos».

O PROGRAMA

Os resultados obtidos ata o de agora evidencian que «Coñecendo as emocións» permitiu a mellora do benestar e a adquisición de competencias emocionais das persoas participantes, segundo a investigación realizada por Afundación e Matia Instituto, entidade de referencia en España na materia e con máis de 20 anos de traxectoria. Os resultados, validados ao longo destas 5 edicións, mostran que 9 de cada 10 persoas obtiveron beneficios nalgunha dimensión, mellorando a súa conciencia emocional, a súa comprensión das emocións, a súa regulación ou o seu nivel de benestar. Ademais disto, as persoas participantes relatan que melloraron nas súas relacións con elas mesmas e cos demais, grazas á adquisición e desenvolvemento de habilidades e competencias como a escoita activa, a comunicación asertiva ou aprender a poñer límites. Tamén se observa un resultado significativo na saúde percibida, de maneira que as persoas valoran mellor o seu estado de saúde ao finalizar o programa de forma consistente ao longo das distintas edicións.

«“Coñecendo as emocións” permite ás persoas participantes fortalecer os seus recursos persoais e compartir experiencias que lles axudan a afrontar as situacións cotiás, entender as súas reaccións, tomar alternativas para regularse e coidar os vínculos afectivos, e así o subliñan tras finalizar as sesións», destaca Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación. 

Tras a exitosa experiencia con persoas socias dos 11 espazos +60 Afundación, o programa estendeuse desde 2024 a 47 centros de distintas entidades que traballan tamén no ámbito das persoas maiores en localidades das catro provincias e, en 2025, a Madrid. O obxectivo é compartir aprendizaxes e xerar unha rede de entidades sociais do ámbito do envellecemento activo e saudable con interese en traballar a mellora do benestar emocional a medida que envellecemos.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078