«Godspell, el musical», producido por Antonio Banderas e Emilio Aragón, elixe o Teatro Afundación de Vigo
Un clásico de Broadway nunha montaxe coa dirección de Emilio Aragón, quen ademais prodúceo xunto a Antonio Banderas. Doce artistas sobre o escenario e unha trama que se desenvolve en torno ao Evanxeo de San Mateo a partir das vivencias dun grupo de mozos de calquera gran cidade. É «Godspell, el musical» e as súas únicas representacións en Galicia na súa primeira xira por España serán no Teatro Afundación de Vigo. O espectáculo preséntase entre os días 20 e 23 de marzo de 2025 e as entradas están á venda desde hoxe en Ataquilla.com.
A versión orixinal de esta produción, chamada simplemente «Godspell», triunfou nos teatros neoiorquinos na primeira metade dos anos 70. O espectáculo, creado con libreto de John-Michael Tebelak e música de Stephen Schwartz, mantívose cinco tempadas en cartel e mesmo chegou aos escenarios europeos, con adaptacións no Reino Unido e tamén en España. A partir dunha serie de escenas divididas en dous actos e construídas en torno a distintas pasaxes do Evanxeo de San Mateo, propón unha aproximación, desde unha perspectiva laica e actual, a eses textos bíblicos.
Equipo de luxo
As compañías de Antonio Banderas, Teatro Soho, e de Emilio Aragón, Estudo Caribe, uníronse para crear unha nova versión do espectáculo. Estreárono no Teatro Soho de Málaga en novembro de 2022.
Emilio Aragón asume a dirección de escena e a dirección musical nun show que ten como director adxunto a Víctor Ullate Roche.
En palabras de Aragón, a proposta escénica que presentarán no Teatro Afundación durante 4 días no mes de marzo de 2025, ten o reto «de revisitar a primeira montaxe de John-Michael Tebelak e Stephen Schwartz, respectando a súa frescura, pero coa mirada deste século XXI. Da man dos evanxeos de San Mateo estableceremos o paralelismo da paixón de Xesús coas paixóns de tantos que sofren nos nosos días. Introduciremos, para iso, elementos do vaudeville, maxia e novos arranxos musicais».
Imaxes dispoñibles nesta ligazón.