Un concerto con instrumentos adaptamos mediante tecnoloxía para intérpretes con discapacidade, na Sede Afundación de Vigo
Mañá venres 3 de maio, ás 20.00 h, Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a Fundación SIFU presentarán no Auditorio da Sede Afundación de Vigo o concerto «SuperArte». Os intérpretes serán persoas con discapacidade que, grazas a este proxecto da Fundación SIFU, poden acceder a instrumentos musicais adaptados mediante os recursos tecnolóxicos máis avanzados como, por exemplo, o Eyeharp, unha aplicación software que permite transformar os movementos oculares en música. O repertorio inclúe as obras Groove merchant, Every breath you take ou Let it be. As entradas son de balde, mais é preciso retirar o convite na web Ataquilla.com.
Desde a Fundación SIFU, desde hai máis de 15 anos, trabállase co obxectivo de promover e fomentar a inserción social e laboral das persoas con discapacidade traballando na sensibilización e concienciación social, a integración sociolaboral e a responsabilidade social empresarial. Hai 10 anos, iníciase o proxecto «SuperArte» de cultura e arte inclusivo. Este proxecto naceu co obxectivo de promover a cultura e a arte inclusivo para dar oportunidade ás persoas con discapacidade a desenvolver o seu talento no ámbito das artes escénicas e favorecer o desenvolvemento dos artistas co fin de conseguirlles un futuro profesional neste campo. Nestes anos acompañáronse máis de 45 artistas con discapacidade de forma directa a través do programa de bolsas e promover a súa visibilidade con diferentes iniciativas, sendo a máis importante delas a Gala SuperArte, o maior evento de arte inclusiva de Europa. Finalmente, incorporouse o Proxecto Tecnolóxico da Fundación SIFU, cuxo obxectivo é facer accesible a música a persoas con discapacidade que teñen o talento pero carecen dos recursos necesarios para explotalo. Froito deste proxecto incorpóranse tecnoloxías como o EyeHarp, o Travel Sax ou o Oxi One.
Afundación, como entidade socialmente comprometida, desenvolve, de modo transversal ás súas áreas de actuación, programas enfocados á inclusión da discapacidade. Desde propostas como «Todas e todos contamos» ou «Música a flor de pel», a programación da Obra Social ABANCA conta cunha elevada demanda que a levou a estar presente en comunidades como Estremadura, Castela e León ou Asturias.