
Fariña, no Teatro Afundación Vigo
06.05.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolléra os días 14 (ás 18.00 e 21.00 h) e 15 de maio (20.00 h) no seu Teatro Afundación Vigo a adaptación do recoñecido ensaio de Nacho Carretero, Fariña. Cunha escritura colaborativa entre o propio autor e Xosé A. Touriñán, coa dirección de Tito Asorey, Fariña levouse aos escenarios para representar esa Galicia dominada polos xefes da droga. Cun elenco conformado por Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado, Oswaldo Digón, Graciela Carlos, Borja Fernández e Melania Cruz, as entradas para esta obra están dispoñibles en Ataquilla.com.
As imaxes están dispoñibles na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/drive/folders/1r8dIdsHS_dHVFV7t8k3yRGZ4NUW-ZScZ?usp=sharing
Fariña non permite ao espectador acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga sucédena conversas entre mozos e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. O elenco de actores entran e saen da escena meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercadoría a escondidas… O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De súpeto, en escena escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e arroutadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo, como aconteceu na realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.
Toda la información de la actividad de Afundación, en nuestra SALA DE PRENSA.