Afundación celebra en Vigo o seu programa interxeracional «Fálame da emigración»
Afundación, a Obra Social de ABANCA, puxo en marcha a terceira edición do seu programa «Fálame da emigración», no que maiores voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogarán sobre vivencias na emigración. A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.
O luns 16 de abril, ás 15.00 h, celebrarase un encontro no Colexio Los Sauces de Vigo de 9 voluntarios e voluntarias do Espazo +60 Afundación de Vigo con alumnos e alumnas de 1.º de BACH do centro educativo. Os socios contarán as súas experiencias como emigrantes en países como Alemaña, Australia, Bélxica ou Guinea.
Esta terceira edición do proxecto «Fálame da emigración» desenvolverase en centros escolares situados nas localidades onde Afundación, a Obra Social de ABANCA, ten un Espazo +60 —as sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Viveiro, Betanzos, Pontedeume e Monforte)—, coa participación de estudantes de eso. O programa está aberto a todos aqueles institutos que queiran participar no proxecto, coa incorporación continuada de novos voluntarios e voluntarias que viviron a experiencia da emigración.
O DESENVOLVEMENTO DOS ENCONTROS
«Fálame da emigración» articúlase a través de dous encontros interxeracionais, aos que precede unha fase de preparación por parte do alumnado e dos maiores. Os primeiros, a partir dunha guía didáctica e material de apoio documental achegados por Afundación, traballan sobre o contexto social e histórico da emigración galega, mentres que os segundos constrúen o relato das súas historias de vida e preparan as sesións nos centros escolares. No primeiro encontro, que xa tivo lugar neste instituto, os maiores contan as súas experiencias na emigración e dialogan cos estudantes. No segundo encontro, tras investigar sobre a historia das súas propias familias, os mozos relatarán tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionarán sobre as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos ou as diferenzas coa inmigración en Galicia. Recollerán documentación e fotografías e achegarán as súas propias historias de vida para ampliar os testemuños e que estes relatos se transmitan entre xeracións para poder coñecer a nosa historia colectiva.
Co obxectivo de que o programa amplíe o seu alcance e teña un carácter colaborativo, Afundación creou a páxina web falamedaemigracion.afundacion.org, que recolle o material didáctico do proxecto, o material documental que xorde de cada encontro (fotografías, vídeos, testemuños…), e o que achegarán os alumnos e alumnas dos centros escolares participantes sobre as historias da emigración dos seus familiares.
HISTORIAS DE VIDA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS
Aníbal Pérez Gómez desenvolveu toda a súa carreira profesional vinculada ao mar, o que o levou a se establecer longas tempadas no estranxeiro: Cidade do Cabo, Namibia, Mozambique, Angola, Asturias, Illa Mauricio, India ou Uruguai foron algúns dos seus destinos. Aníbal conta con numerosas anécdotas das súas viaxes e estancias. No seu vogar polo mundo, tivo a oportunidade de coñecer moita xente e sempre estableceu contactos coas colonias de galegos establecidas polo mundo. Para Aníbal, a súa integración foi sempre boa pese a todas as diferenzas sociais e culturais entre uns países e outros.
Antonio Villar emigrou a Alemaña con 26 anos e cun contrato dunha empresa do Porriño que precisaba oficiais para a área industrial de Dormund. A adaptación ao traballo e á súa vida en Alemaña, onde viaxou coa súa muller, foi boa. Ela, mestra de corte e confección, pronto encontrou traballo nun centro de reparación de roupa. O nivel de vida en Alemaña era máis alto que en España e ao dispoñer de dous bos salarios, un deles podíano aforrar practicamente todo. Antonio fixo en Dormund moi bos amigos, tanto españois como alemáns. O retorno tivo lugar en 1974 ao falecer o seu pai, pois ao ser o irmán maior, a súa nai quixo que volvese para a casa. En Vigo recoñecérono como técnico alemán e pronto encontrou un bo traballo nun taller de metal, onde exerceu durante case vinte anos.
Berta Lamas Ares sempre viviu a emigración de forma moi próxima xa que algún dos seus tíos maternos emigraron e formaron as súas familias en EEUU e Uruguai. Tamén ela mesma foi emigrante, pois no ano 2001, despois de se separar, foi traballar a Andorra a un complexo hoteleiro de nova creación onde conviviu con traballadores de Francia, Marrocos ou Uruguai. Profesora de educación infantil, a Berta ofrecéronlle poderse encargar dun proxecto educativo con nenos pequenos. Permaneceu en Andorra durante tres anos. Pensou en se establecer definitivamente en Andorra, pero, tras recibir unha parte de herdanza familiar, preferiu investir en Cataluña e, en 2003, trasladouse a Reus, onde casou co seu segundo marido. Finalmente retornou a Galicia, pois a morriña pola súa terra natal pesaba, nun momento en que faleceron seres moi queridos aquí. Animada polo seu home, establecéronse en Vigo.
Abel Rubal foise para Alemaña unha vez cumpriu os dezaoito anos, pois o seu pai falecera cando só contaba con trece anos e a emigración era o mellor modo para axudar ao resto da familia en Galicia. Traballou en Ferverai, unha importante empresa do sector téxtil. Despois de tres anos decidiu cambiar de aires e irse a Australia. Chegou a Sidney no ano 68 e ao pouco tempo integrouse no grupo do Coro Alemán, xa que tiña moitos amigos alemáns cos que se entendía ben. Percorreu todo o país, aínda que finalmente estableceuse na capital. Abriu o seu propio restaurante, El zorro, aínda que despois de dous anos a situación da economía obrigoulle a traspasalo, pero enseguida puido poñerse a traballar de camareiro e tamén no aeroporto de Sidney. Foi nesa época cando, xunto a un bo amigo, fundou o Centro Galego de Sidney, do que foi presidente. Sentiu o que era a morriña cando puido regresar, coa súa muller e os seus dous fillos xa adolescentes, a Alfoz, o seu lugar de orixe, e despois de pasar algunhas semanas para coñecer a cidade, decidiron establecerse en Vigo.
Constante Piñón e Rosa González decidiron emigrar a comezos do 63, e tomaron rumbo a Bélxica, primeiro Constante e uns meses máis tarde Rosa e o seu fillo. A súa primeira oportunidade foi como vixiante nas minas de hulla, preto da cidade de Charleroi na rexión de Valonia. En Bélxica pasaron tan só un ano, xa que a Rosa non lle gustaba nada que o seu marido traballase na mina, así que se foron para Alemaña, onde Constante traballou nunha fábrica de cristal e Rosa nun hospital. Decidiron regresar a Galicia en 1969.
Fina Graña casou aos vinte e tres anos e ao ano seguinte, ante o panorama que existía en Galicia, decidiu emigrar a Suíza, onde vivían os seus curmáns. Pouco tempo despois de chegar, conseguiu entrar nunha residencia privada de persoas maiores para realizar labores de limpeza, de lavandería e cociña. Pero como Fina era moi boa traballadora, seria e responsable, propuxéronlle ser axudante de enfermeiras de segunda categoría, aínda sen ter ningunha titulación nin diploma. Non puido rexeitar a oferta, xa que, ademais de ser un orgullo para ela e un recoñecemento, o aumento salarial de douscentos francos mensuais supoñía unha mellora moi importante. A súa filla foi a estudar a Vigo e acabou asentándose na cidade, en cambio o fillo quedou en Zürich, de modo que Fina ten familia tanto en Galicia como en Suíza. No ano 2011 xubilouse e ao seguinte, aínda que en moitos aspectos pensou en quedar en Suíza, decidiu retornar a Galicia animada polos seus fillos. language:AR-SA'> y Rosa Gonzálezdecidieron emigrar a comienzos del 63, y tomaron rumbo a Bélgica, primero Constante y unos meses más tarde Rosa y su hijo. Su primera oportunidad fue como vigilante en las minas de hulla, cerca de la ciudad de Charleroi en la región de Valonia. En Bélgica pasaron tan solo un año, ya que a Rosa non le gustaba nada que su marido trabajase en la mina, así que se fueron para Alemania, donde Constante trabajó en una fábrica de cristal y Rosa en un hospital. Decidieron regresar a Galicia en 1969.
Fina Graña se casó a los veintitrés años y al año siguiente, ante el panorama que existía en Galicia, decidió emigrar a Suiza, donde vivían sus primos. Poco tiempo después de llegar, consiguió entrar en una residencia privada de personas mayores para realizar labores de limpieza, de lavandería y cocina. Pero como Fina era muy buena trabajadora, seria y responsable, le propusieron ser ayudante de enfermeras de segunda categoría, aun sin tener ninguna titulación ni diploma. No pudo rechazar la oferta, ya que, además de ser un orgullo para ella y un reconocimiento, el aumento salarial de doscientos francos mensuales suponía una mejora muy importante. Su hija fue a estudiar a Vigo y acabó asentándose en la ciudad, en cambio el hijo se quedó en Zúrich, de modo que Fina tiene familia tanto en Galicia como en Suiza. En el año 2011 se jubiló y al siguiente, aunque en muchos aspectos pensó en quedarse en Suiza, decidió retornar a Galicia animada por sus hijos.