• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación celebra en Rianxo unha nova edición do seu proxecto interxeracional «Fálame da emigración»
Sala de prensa
Afundación celebra en Rianxo unha nova edición do seu proxecto interxeracional «Fálame da emigración»

Afundación celebra en Rianxo unha nova edición do seu proxecto interxeracional «Fálame da emigración»

luns, 27 de maio de 2024
Mayores

Afundación, a Obra Social de ABANCA, celebra esta tarde en Rianxo unha nova edición do seu programa interxeracional «Fálame da emigración». Achegar ao alumnado de secundaria as experiencias das persoas maiores na emigración é o fío condutor deste proxecto, que está xa na súa VIII edición e no que participan estudantes de secundaria e bacharelato e persoas maiores voluntarias, socias dos espazos +60 de Afundación. «Fálame da emigración», do mesmo xeito que o outro programa interxeracional de Afundación «Falamos da escola», desenvólvese en centros escolares situados nas localidades e a súa área de influencia nas que Afundación conta cun Espazo +60: as sete principais cidades galegas e as poboacións de Viveiro, Betanzos, Pontedeume e Monforte de Lemos.

No encontro que se celebrará esta tarde no IES Félix Muriel de Rianxo, persoas voluntarias do Espazos +60 Afundación de Santiago de Compostela dialogarán na aula con 66 estudantes sobre a experiencia dos maiores na emigración e a visión de ambos sobre o pasado e o presente dos movementos migratorios. 

A partir do relato experiencial da emigración vivido en primeira persoa, doutros recursos didácticos proporcionados por Afundación (documentais, guías didácticas, etc.) e de traballos dos escolares sobre os seus vínculos familiares coa emigración, alumnado e maiores establecen un diálogo e reflexionan acerca das motivacións para emigrar, as dificultades, as aprendizaxes, as semellanzas da emigración das persoas maiores e a actual, un intercambio especialmente enriquecedor se hai alumnado inmigrante na aula.

O proxecto proporciona un marco de aprendizaxe non formal que favorece a curiosidade, a empatía e a motivación do alumnado, á vez que contribúe a establecer vínculos entre estudantes e maiores baseados na escoita, o respecto e o recoñecemento mutuo e a desmontar estereotipos por ambas as partes, en liña co modelo de educación transformadora promovido por Afundación. Doutra banda, seguindo a liña estratéxica de «O valor da experiencia» da Área de Maiores da entidade, o proxecto favorece que as persoas maiores se sintan escoitadas, útiles e que vexan recoñecida a súa contribución á comprensión dun capítulo esencial da nosa historia recente.

A DINÁMICA DO PROGRAMA

«Fálame da emigración» articúlase a través de dous encontros interxeracionais na aula, guiados conxuntamente polos docentes e persoal dos Espazos +60 de Afundación, aos que precede unha fase de preparación por parte do alumnado e das persoas maiores voluntarias. Entre ambos os encontros, o alumnado é convidado a investigar sobre a experiencia da súa familia na emigración para compartila no seguinte encontro e, deste xeito, establecer un vínculo máis profundo coas persoas maiores.

Co obxectivo de que o programa amplíe o seu alcance e teña un carácter colaborativo, Afundación traslada á súa páxina web todo o material didáctico do proxecto, o material documental que xorde de cada encontro (fotografías, vídeos, testemuños…) e o que achegarán os alumnos e alumnas dos centros escolares participantes sobre as historias na emigración dos seus familiares. 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078