Faemino y Cansado no Teatro Afundación Vigo e no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela
O Teatro Afundación de Vigo e o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acollerán os próximos 22 e 23 de setembro, respectivamente, e ás 21.00 h en ambos os casos, a nova proposta artísticas dun dos grandes referentes do humor en España, Faemino y Cansado. Con 17 veces reloaded regresan aos escenarios co seu estilo inconfundible. As entras están á venda a través de Ataquilla.com.
Tal e como eles mesmos comentan, este espectáculo podería chamarse tamén 17 veces revisited ou 17 veces evolution ou 17 veces a montaxe do director…, xa que se trata dun espectáculo refeito, revisado, evolucionado e novamente montado.
Sen citaren a Kafka, Faemino y Cansado atreveríanse a afirmar que as súa metamorfose no le «chega á sola dos zapatos ao que ocurreu con 17 veces. Poderiamos mesmo cambiarlle o nome, pero a preguiza é a nai de todos os vicios... nin nós mesmos somos conscientes».