• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Grand Prix
      • Xornadas e conferencias para xente nova
      • Finanzas senior
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • Asóciate
      • Vantaxes
      • Formulario de inscrición
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Consello da Cultura Galega e Afundación presentan en Ourense «Son de Galicia», a mostra que recoñece o labor da Coral de Ruada
Sala de prensa
O Consello da Cultura Galega e Afundación presentan en Ourense «Son de Galicia», a mostra que recoñece o labor da Coral de Ruada

O Consello da Cultura Galega e Afundación presentan en Ourense «Son de Galicia», a mostra que recoñece o labor da Coral de Ruada

mércores, 05 de xuño de 2019
Cultura

O Consello da Cultura Galega e Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta a exposición «Son de Galicia», unha mostra que percorre a biografía dos catro coros históricos galegos que permanecen activos: Coral de Ruada, Toxos e Froles, Cantigas da Terra e Cantigas e Agarimos.

A inauguración terá lugar mañá xoves 6 de xuño, ás 20.00 h, na Sala de exposicións Afundación de Ourense (pr. Maior, 4) e ao acto asistirán o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manoel Núñez; a coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e o presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago. A exposición permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 7 de xullo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

A EXPOSICIÓN «SON DE GALICIA»

A traxectoria destas formacións é a que dá pé a «Son de Galicia» para reconstruír a historia do país a través de trinta paneis que prestan atención á música, ao teatro e á organización social dun tempo.

A mostra permite reconstruír a historia destas catro formacións de xeito individualizado, ao tempo que se pode facer unha lectura moito máis ampla que permita recoñecer o traballo común destas formacións: nomeadamente no labor etnográfico de recuperación de músicas e cantigas populares, a súa preocupación por conservar a lingua, así como os traballos de recuperación dunha vestimenta típica de Galicia para as súas actuacións. Ademais dos paneis, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), haberá espazo para material audiovisual que permite ver imaxes históricas deste tipo de sociedades. Por outra parte, os coros tamén participaron activamente na escolla de pezas sonoras representativas do que foi a historia de cada unha que o público poderá escoitar na mostra. Complétase o discurso expositivo con instrumentos, documentos escritos, discos e mostras da vestimenta e decorados.

OS COROS GALEGOS

A orixe dos coros galegos nace con Perfecto Feijoo, que creou en Pontevedra en 1883 o grupo pioneiro Aires da Terra cun gaiteiro, un tamborileiro, un bombo, un grupo de oito cantantes e con varias parellas de baile. Empregou decorados e elementos da dramaturxia e a da vestimenta máis popular galega. A música e as súas letras permitiron a divulgación da literatura oral en galego, a lingua natural e maioritaria do pobo que nesa época non era igualmente apreciada como lingua culta. En resumidas contas foi a orixe e o modelo no que se reflectiron todos os coros que chegaron despois e nos que constaba unha intención explícita de contar dunha identidade galega nun contexto de activación do nacionalismo galego acubillado polas Irmandades da Fala. Por iso é dos primeiros paneis dunha exposición que percorre as semellanzas destas entidades e a súa propia especificidade.

Todas as sociedades corais creadas neste período do romanticismo comparten varios denominadores comúns: unha subsistencia precaria condicionada polo españolismo político, un gusto especial polo teatro, a participación activa das mulleres nunha época impensable para a igualdade pero, sobre todo, que tomaron conciencia dun fondo musical e da necesidade de reelaborar as vellas tradicións formulándoas en clave folclorista e espectacular para un público masivo e urbano, no caso de que se poida dicir así dunha Galicia ruralizada.

A exposición permite ver tamén outras facetas destacadas deste tipo de sociedades: o seu carácter amador, onde os seus integrantes ensaiaban despois da súa xornada laboral e nos ocos libres que as súas vidas lles permitían; a súa solidariedade, xa que os coros se sumaron sempre a case todas as campañas solidarias de Galicia e de fóra: recadacións en favor dos nenos pobres, campaña a prol da bandeira de Galicia, a prol da construción dalgún monumento a unha figura representativa da cultura galega, donativos para as familias dos soldados mortos na guerra, etc. Tamén se dá conta dunha faceta de embaixadores da cultura galega con mais de setenta viaxes a lugares de todo o mundo como Lorient, Brest, Madrid, Avilés, Suíza, Venezuela ou Londres.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078