A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle a exposición «Científicos galegos 2008-2017»
Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) a exposición «Científicos galegos 2008-2017», producida pola Real Academia Galega de Ciencias. Abrirase ao público o vindeiro luns 5 de marzo e poderase visitar ata o día 18, de luns a domingo en horario de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.
Este proxecto expositivo foi elaborado co propósito de contribuír á cultura científica da sociedade galega e recolle un pequeno resumo dos trazos máis sobresaíntes, tanto biográficos como da traxectoria científica, de cada un dos dez Científicos Galegos proclamados pola Academia desde 2008 ata a actualidade.