• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Éxito de asistencia ás visitas guiadas á exposición «Pontevedra no tempo»
Sala de prensa
Éxito de asistencia ás visitas guiadas á exposición «Pontevedra no tempo»

Éxito de asistencia ás visitas guiadas á exposición «Pontevedra no tempo»

luns, 29 de xullo de 2024
Cultura

O programa de visitas guiadas á exposición «Pontevedra no tempo» tivo unha gran acollida entre o público da cidade. Os pasados días 17, 18, 24 e 31 de xullo celebráronse as primeiras, coa capacidade completa. As seguintes serán os días 8 e 21 de agosto, ás 19.00 h, da man de Milagros Bará, realizadora, guionista e escritora, que exerce de coordinadora local da mostra. Manuel Gago, comisario do proxecto, guiará unha visita o 5 de setembro, tamén ás 19.00 h. Está previsto que, ante esta demanda, o programa se continúe ampliando con novas sesións. 

O éxito das visitas guiadas é unha mostra da boa recepción da exposición, que congrega unha gran afluencia de xente cada día. «Pontevedra non tempo» poderase visitar ata o próximo 14 de setembro na Sede Afundación de Pontevedra, de luns a sábados en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h. 

A EXPOSICIÓN «PONTEVEDRA NON TEMPO»

«Pontevedra no tempo» é a derradeira mostra do proxecto «Cidades no tempo», un proxecto organizado pola Fundación Cidade da Cultura e Afundación, a Obra Social de ABANCA, iniciado no ano 2022 co obxectivo de reivindicar a identidade urbana de Galicia. A través dun cento de obxectos físicos e máis de 120 pezas dixitais, a mostra retrata a conciencia desta cidade construída na confluencia de diferentes mundos. A súa privilexiada situación, á beira dun río e no inicio dunha ría, xa lle outorgou a Pontevedra desde a súa orixe unha natureza binomial que, co devir dos séculos, enriqueceu a súa identidade. Porque, máis aló da dualidade rural-urbano na que creceron as cidades galegas, Pontevedra permítese ser vila e capital á vez, conserva un pasado marítimo e mariñeiro e outro rural que explica o seu futuro como centro administrativo, pero tamén como praza fronteiriza. 

Á fronte do proxecto está Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Para esta mostra conta co asesoramento, como coordinadora local, da escritora, divulgadora e cronista Milagros Bará. Colaboran tamén de forma esencial institucións da cidade como o Museo de Pontevedra e o Concello, ademais de coleccións privadas e entidades do exterior.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078