• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Entidades e participantes no programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o seu impacto positivo
Sala de prensa
Entidades e participantes no programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o seu impacto positivo

Entidades e participantes no programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o seu impacto positivo

martes, 30 de decembro de 2025
Mayores

AGADEA, COGAMI e o Centro de Día O tempo é noso son tres das 13 entidades sociais que están a desenvolver desde outubro ata o vindeiro xaneiro o programa de Afundación «Coñecendo as emocións», con 259 persoas usuarias das súas organizacións, en 21 localidades galegas e Madrid. A iniciativa, que está na súa V edición, foi codiseñada con persoas maiores, testeada, validada e implementada en catro edicións sucesivas en colaboración con Matia Instituto, entidade dedicada desde hai máis de 20 anos á investigación no ámbito do envellecemento.

Como novidade nesta edición, a partir do traballo de cocreación levado a cabo polo equipo de Afundación con profesionais de seis entidades durante 2024, impartiuse unha versión do programa que se adaptou ás necesidades e capacidades cognitivas de participantes de centros de día e residencias e persoas usuarias de asociacións que traballan en contornas vinculadas ás enfermidades mentais. A transcendencia desta adaptación consiste en levar a formación en competencias emocionais a contornas asistenciais e de coidados con materiais especificamente adaptados.

 

 

AS EXPERIENCIAS DE PARTICIPANTES E FACILITADORAS

Desde o centro AGADEA de Rianxo, onde o programa contou con 13 participantes, a facilitadora Alba Iglesias defende que «todo o mundo debería ter a oportunidade de dispoñer dunha formación sobre as emocións, pois favorece a convivencia dunha maneira máis consciente, equilibrada e humana». Unha das participantes afirma que «este programa permitiume comprender mellor o mundo emocional, tanto e propio coma o alleo».

COGAMI desenvolve nesta edición o programa en oito dos seus centros en Galicia. Na Pobra do Caramiñal contou nesta ocasión con 5 participantes que finalizarán o programa o 13 de xaneiro e que desenvolveron a versión adaptada do mesmo.

En Santiago de Compostela tamén se levou a cabo a versión adaptada no Centro de Día O Tempo é Noso, onde contou con 5 participantes. Un deles afirmou que, grazas a esta proposta, «a día de hoxe podo expresar pensamentos que antes non era capaz, estou moi agradecido, abrinme moito e síntome moito mellor». Pola súa banda, María Valiño, a facilitadora, afirmou que este proxecto «confirma o valor de ofrecer espazos estruturados onde as persoas maiores poidan fortalecer o seu benestar emocional. Foi unha honra acompañalos neste proceso».

No Espazo +60 Afundación de Santiago de Compostela os participantes son 12, cunha experiencia moi positiva: «Gustoume moito o día no que nos abrimos varias persoas e para min foi como un punto máxico, creo que nos uniu moito como grupo e axudounos a todos». Outro usuario di que lle axudou a non castigarse «aprendín a dicir que non e a non sentirme culpable por iso. Ata as miñas fillas se deron conta do meu cambio, unha que vive fóra díxome, mamá, nótaseche que aprendiches moito porque agora falas de cousas das que non falabas». Tamén se aprende a escoitar, como afirma este usuario, «axudoume a escoitar as persoas, a sentirme nun grupo e a darme conta das problemáticas da xente con perfís moi diferentes».

Laura Gómez, a facilitadora deste grupo, conta que «o inesperado grao de apertura á súa intimidade dunha participante nunha das sesións motivou que outras tres persoas tamén o fixesen, animándose a compartir situacións das súas vidas que lles resultaron moi dolorosas. A calor e a contención do grupo resultaron moi importante para estas persoas e mostroulles a todas a primordial importancia de escoita e o acompañamento. Para min, como facilitadora, a súa confianza supuxo un inestimable agasallo».

O PROGRAMA

Os resultados obtidos ata o de agora evidencian que «Coñecendo as emocións» permitiu a mellora do benestar e a adquisición de competencias emocionais das persoas participantes, segundo a investigación realizada por Afundación e Matia Instituto, entidade de referencia en España na materia e con máis de 20 anos de traxectoria. Os resultados, validados ao longo destas 5 edicións, mostran que 9 de cada 10 persoas obtiveron beneficios nalgunha dimensión, mellorando a súa conciencia emocional, a súa comprensión das emocións, a súa regulación ou o seu nivel de benestar. Ademais disto, as persoas participantes relatan que melloraron nas súas relacións con elas mesmas e cos demais, grazas á adquisición e desenvolvemento de habilidades e competencias como a escoita activa, a comunicación asertiva ou aprender a poñer límites. Tamén se observa un resultado significativo na saúde percibida, de maneira que as persoas valoran mellor o seu estado de saúde ao finalizar o programa de forma consistente ao longo das distintas edicións.

«“Coñecendo as emocións” permite ás persoas participantes fortalecer os seus recursos persoais e compartir experiencias que lles axudan a afrontar as situacións cotiás, entender as súas reaccións, tomar alternativas para regularse e coidar os vínculos afectivos, e así o subliñan tras finalizar as sesións», destaca Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación.

Tras a exitosa experiencia con persoas socias dos 11 espazos +60 Afundación, o programa estendeuse desde 2024 a 47 centros de distintas entidades que traballan tamén no ámbito das persoas maiores en localidades das catro provincias e, en 2025, a Madrid. O obxectivo é compartir aprendizaxes e xerar unha rede de entidades sociais do ámbito do envellecemento activo e saudable con interese en traballar a mellora do benestar emocional a medida que envellecemos.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078