• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O voluntariado Actúa de Afundación retira máis de 200 quilos de lixo mariño da Illa de Sálvora
Sala de prensa
O voluntariado Actúa de Afundación retira máis de 200 quilos de lixo mariño da Illa de Sálvora

O voluntariado Actúa de Afundación retira máis de 200 quilos de lixo mariño da Illa de Sálvora

luns, 02 de outubro de 2023
RSC

Convocadas por Actúa, o programa de voluntariado de ABANCA e Afundación, 76 persoas desprazáronse hoxe ata Illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para levar a cabo unha dobre xornada de traballo a prol do medio ambiente.

Durante toda a mañá o colectivo de persoas voluntarias traballaron na recollida de lixo mariño nas praias de Area dos Bois, Zafra, e Lagos, onde atoparon fundamentalmente madeiras tratadas con restos de pinturas sintéticas e cravos, palés así como restos de obxectos extraviados no exercicio da pesca, como os xa habituais cabos e cabiños, as marañas de sedelas, os tarugos plásticos das bateas, nasas, boias e fragmentos de redes. Ademais, outra serie de artigos de uso diario con orixe descoñecida, como os restos de bolsas e envoltorios, as latas e botellas de plástico, tapas e tapóns, unha bombilla, etc., así, ata completar 220 quilos, segundo os datos rexistrados tralos traballos de clasificación e pesada cos que rematou esta xornada de voluntariado matinal.

Xa pola tarde, as persoas voluntarias dedicaranse á retirada de diferentes especies de flora exótica invasora detectadas na illa que ameazan significativamente á biodiversidade propia do lugar, como é o caso da Helichrysum foetidum, coñecida popularmente como flor de San Xoán, unha planta de orixe surafricana, moi estendida polas zonas costeiras galegas e que ten un destacado comportamento invasor, medrando cada vez en máis lugares de xeito espontáneo e incontrolado, como no caso da illa de Sálvora.

O proxecto PLANCTON, impulsado desde 2021 por Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro, permitiu ata o de agora a retirada de máis de 47 toneladas de refugallos de areais e fondos mariños de distintas zonas costeiras de Galicia.

Xunto aos labores de limpeza e retirada de especies invasoras, as persoas participantes recibiron información sobre este enclave e sobre boas prácticas para contribuír así á súa posta en valor e conservación da súa riqueza natural, como parte dos obxectivos deste programa que buscan non só recuperar a contorna, senón tamén contribuír a estender na sociedade unha conciencia sostible.

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, Afundación e ABANCA queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 «Redución das desigualdades», ODS 13 «Acción polo clima», ODS 14 «Vida submarina» e ODS 15 «Vida de ecosistemas terrestres».

 

As imaxes da xornada están dispoñibles na seguinte ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078