• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Teatro Afundación Vigo acolle mañá un recital da Real Filharmonía de Galicia
Sala de prensa
O Teatro Afundación Vigo acolle mañá un recital da Real Filharmonía de Galicia

O Teatro Afundación Vigo acolle mañá un recital da Real Filharmonía de Galicia

xoves, 15 de outubro de 2020
Cultura

15.10.2020. Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá mañá, venres 16 de outubro, ás 20.00 h o recital de apertura da Tempada de Abonos de Clásica a cargo da Real Filharmonía de Galicia con Ellinor D’Mellon ao violín o 16 de outubro. O recital consistirá na interpretación de dúas pezas de Max Bruch, Concerto para violín en sol m núm. 1, e Franz Schubert, Sinfonía en si m.

O folleto, coa información da Tempada de Abonos de Clásica, está dispoñible aquí.

Ellinor d’Melon Moráguez

Naceu en Kingston (Xamaica) en 2000. Foi galardoada en diversos concursos internacionais, entre os que destacan os primeiros premios nos concursos Debut Berlín da Filarmónica desta cidade (2017), en Novosibirsk (Rusia, 2016), onde recibiu ademais o premio especial á mellor interpretación dunha peza rusa contemporánea, e no concurso Wieniawski para novos violinistas (Polonia, 2012).

O seus compromisos artísticos levárona a prestixiosas salas de concertos como as filharmonías de Berlín e Colonia, Teatro Mariinsky de San Petersburgo, Auditorio Nacional e Fundación Juan March de Madrid, Concertgebouw de Ámsterdam, Tonhalle de Zúrich, Sala Verdi de Milán, Sala Baltic de Gdansk e Elgar Room do Royal Albert Hall. Participou ademais nos festivais Verbier, Gstaad, Schlesswig-Holstein, Musical Olympus, Interlaken e Wieniawski.

Tcoou coa Orquesta Sinfónica Gävle, a Orquesta de Ópera de Massy (o seu debut en Francia), a Filarmónica de Sofía, a Orquesta de Cadaqués e a Real Filharmonía de Galicia, xunto a Jaime Martín, Jan Latham Koenig e Michail Jurowski, tamén baixo a batuta dos mestres Maximiano Valdés, Stefan Lano, Jaime Martín, Vladímir Spivakov ou Zubin Mehta. Toca un violín Giovanni Battista Guadagnini de 1743.

 

Co compromiso de seguir promovendo as actividades culturais como un mecanismo fundamental para o progreso persoal e social, Afundación estableceu un esixente protocolo de medidas que permitan á cidadanía gozar de eventos de primeira orde coas maiores garantías de seguridade sanitaria posible.

A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h.

Zoar, da Orquesta Sinfónica de Galicia, estará o 22 de outubro no Teatro Afundación Vigo nun concerto con obras de Schumann e Bizet, Escenas infantís e Xogos infantís, respectivamente.

O 12 de novembro será a quenda de Ecléctica Ensemble, tamén da Orquesta Sinfónica de Galicia. Interpretarán Preludio á sesta dun fauno, de Claude Débussy, e a Sinfonía núm. 4, de Gustav Mahler.

A batuta de Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía, acompañada polo violín de Matthiew Arama, o 27 de novembro, nun recital de obras de Aaron Siebert (unha obra encargo da RFG), Einojuhani Rautavaara (Canticus articus) e Jean Sibelius (Concerto para violín en re menor).

O 3 de decembro, a Orquesta Sinfónica de Galicia estará representada polo Cuarteto de Corda Shcubert, que se dará cita no escenario do Teatro Afundación Vigo para ofrecer a súa interpretación do Cuarteto de corda en fa menor número 6, de Felix Mendelssohn; o estreo de «Intermezzo e escena» da Tribuna, de Gabriel Bussi; e O cuarteto de corda en fa maior, de Antonin Dvořáck.

O último concerto da tempada estará protagonizado por Paul Daniel dirixindo a Real Filharmonía de Galicia, o 11 de decembro. A agrupación interpretará Within her arms, de Anna Clyne; Sinfonía pastoral, de Brett Dean; e a Sinfonía número 6 en fa maior, de Ludwig van Beethoven.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078