O Teatro Afundación programa 51 espectáculos entre os meses de xaneiro e xuño, un cada 3 días
24 obras de teatro e monólogos, 23 concertos de música clásica e popular, danza, ballet, e dous espectáculos para a infancia. Así ata 51 propostas que se poderán ver en 54 funcións diferentes entre xaneiro e xuño, ou o que é o mesmo: un espectáculo cada 3 días. É a oferta de espectáculos do Teatro Afundación para o primeiro semestre de 2026. A programación comeza cunha intensa actividade en xaneiro: un total de 12 propostas que inaugura Bibopaula. O espectáculo, o día 2 ás 17.30 horas, e remata con Coaches de choque, un espectáculo de improvisación con Oswaldo Digón e Rafa Durán.
As entradas para boa parte destes espectáculos xa están dispoñibles en Ataquilla.com.
Xaneiro: Un calendario sen pausas para abrir o ano
O mesmo día no que nenas e nenos poderán desfrutar de Bibopalula. O espectáculo, o Teatro Afundación programa tamén, ás 21 horas, Pepe y Lucas: Dentro y Fuera. A obra, que se representa no Auditorio do Teatro Afundación en Vigo, repite un día despois no mesmo emprazamento. E nese día volve coincidir con outra proposta infantil no mesmo recinto: El Show de la Fantasy House. Poderá verse o 3 de xaneiro ás 17 horas.
O humor tomará o relevo con Noites de Retranca o día 9, un clásico na programación de xaneiro. O mesmo que o Concerto de Año Nuevo de Viena, que nesta ocasión corre a cargo da Philharmonic Ensemble, formada por músicos vencellados á Orquestra Filharmónica da capital austríaca.
O espectáculo teatral Hora Treintaypico -16 de xaneiro-, o regreso da cantante galega Sés en directo en Vigo -día 17-, a representación do ballet O crebanoces a cargo do Ballet Clásico Internacional -o venres 23-, e o concerto tributo a Maná chegan tamén en xaneiro. Ademais, o xoves 29 comezan as funcións da Tempada de Abonos de teatro de 2026 coa obra Los lunes al sol.
A representación de O crebanoces é unha das dúas citas coa ballet no Teatro Afundación no primeiro semestre de 2026. Xa o 3 febreiro, o Ballet de Kiev volverá unha vez maís ao escenario principal da Obra Social de ABANCA en Vigo con A bela durminte.
Música: Da clásica ao pop
A carteleira musical mantén un equilibrio entre música culta e música popular. A Real Filharmonía de Galicia preséntase en catro ocasións: en xaneiro, febreiro, marzo e abril. A estas citas súmanse as actuacións da Orquestra Vigo 430, con concertos en febreiro e marzo; a da Philharmonische Streichquintett Berlin, que se presenta en febreiroa; e a Orquesta Sinfónica de Galicia e o Quinteto Lunfardo, que comparecen en maio. Ademais, a Royal Film Concert Orchestra volverá facer un repaso das grandes composicións sinfónicas para cinema no Teatro Afundación o 21 de febreiro.
No apartado de música popular, inaugura a programación Sés o sábado 17 de xaneiro. En febreiro celebraranse os concertos de Zenet -día 7-, Luz Casal -o 26-, e La Banda Sabinera -0 28-. E será precisamente unha artista que fixo importantes colaboracións con Sabina, Pasión Vega, quen se presente no escenario do Teatro Afundación o 6 de marzo cun espectáculo que homeanaxea a outro creador icónico da cultura española das últimas décadas: Vega fara un repaso polas cancións das películas de Almodóvar o 6 de marzo. Un día despois, o día 7, será Amancio Prada quen se presente para celebrar o cincuenta aniversario do seu disco en homenaxe a Rosalía de Castro.
O público do Teatro Afundación tamén poderá asistir no primeiro semestre a senllos concertos tributo a Michael Jackson, Mecano e Maná e aos directos de El Arrebato e o grupo techno-pop de OBK.
Humor para todos os públicos
O público que prefire o humor e a comedia poderá asistir a unha ampla oferta de espectáculos. Ademais das citas de xaneiro, o teatro acollerá en febreiro aos monologuistas Pablo Meixe -venres 6-, Pablo Ibarburu -o sábado 7-, e á obra Aguilera y Meni: Misión: Impro-sible -o 20-. En marzo comparecen no Teatro Afundación Abián Díaz -día 1- e Facu Díaz -o 21-. Pantomima Full e Patricia Espejo chegan en abril, o mesmo que Hovik Keuchkerian, o actor libanés que se fixo popular en España pola súa participación na serie La Casa de Papel e que presenta o monólogo Grito.
Toda a carteleira detallada do primeiro semestre de 2026 pode consultarse na web de Afundación.
A vida a escena: Tempada de Abono de Teatro
A Tempada de Abono de teatro presentará sete espectáculos no primeiro semestre. Tras a inauguración en xaneiro con Los lunes al sol —obra cuxa trama se desenvolve en Vigo—, a programación continuará en febreiro con Yo solo quiero irme a Francia, protagonizada por María Galiana. En marzo será a quenda de La música, con Ana Duato e Darío Grandinetti, e o monólogo de Anabel Alonso en La mujer rota. O semestre avanzará en abril coa comedia Mejor no decirlo, con Imanol Arias e María Barranco. O xoves 7 de maio o público poderá asistir a Querida Agatha Christie, protagonizada por Carmen Morales. O broche final á tempada porao en xuño a obra Inmaduros, liderada por Carlos Sobera.
Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón