• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Teatro Afundación de Vigo programa un espectáculo cada dous días en maio
Sala de prensa
O Teatro Afundación de Vigo programa un espectáculo cada dous días en maio

O Teatro Afundación de Vigo programa un espectáculo cada dous días en maio

martes, 30 de abril de 2024
Cultura

Este venres, 3 de maio, o cómico Galder Varas presenta no Teatro Afundación o seu espectáculo Esto no es un show nunha cita para a que as entradas xa están esgotadas. O último día de maio, tamén venres, día 31, Dani Rovira comeza unha estadía de 3 días de representacións. Entre os espectáculos de ambos os actores, a Obra Social de ABANCA programará en Vigo outras 6 obras de teatro e un musical para todos os públicos: El gran show del Rey León. Tamén haberá catro concertos de música clásica e música coral, dous de música tradicional galega, e un de rock: Revólver volve a Vigo este sábado, día 4. Son un total de 16 propostas as que compoñen a programación do Teatro Afundación en Vigo no mes de maio. Trátase dun espectáculo ou concerto cada dous días. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.

O mes comeza con música. O Coro da Fundación Princesa de Asturias presentará, dentro da Temporada de Abono de fundación, un programa composto por 12 pezas de música polifónica escritas desde finais do século XIX e ata a actualidade. Será o xoves 2 de maio.

Puro teatro

A programación da primeira semana de maio no Teatro Afundación complétana as 2 primeiras propostas escénicas das 8 que poderá desfrutar o público este mes. Trátase do monólogo de Galder Varas -o venres- e máis de Piensa en Wilbur, o espectáculo  de acrobacias, humor e risco do ximnasta e artista de circo Víctor Ortiz. A actuación, para todos os públicos, será o domingo ás 18.00 h.

As propostas escénicas para diferentes públicos seguen na segunda semana do mes. A primeira cita será a do xoves día 9 con La Profesora. A obra, unha comedia escrita para convidar tamén ao público á reflexión, aborda cuestións coma os límites da educación ou a dificultade da sociedade para superar os roles de xénero. Compoñen o reparto Isabel Ordaz e Marcial Álvarez, ambos coñecidos polas súas participacións en series de televisión tan populares coma La que se avecina, Acacias 38 ou El comisario.

Un día despois, o segundo monólogo do mes, tempo de Alex O’Dogherty con Imbécil. Xa o domingo día 12, o Teatro Afundación propón un clásico dos musicais para todos os públicos en gran formato: El gran show del Rey León. A obra ten un elenco composto por 26 artistas entre músicos, bailaríns ou actrices e actores. Actúan en dobre sesión, ás 12.30 h e ás 18 h. Para a sesión da tarde, case non quedan entradas.

Un clásico do teatro no Día das Letras

Un espectáculo construído sobre a improvisación cada vez que se representa, Jamming Sessions (16 de maio); a re-lectura do clásico dramático A Señorita Xulia que propoñen Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto (día 17); e os monólogos de dous dos humoristas máis seguidos na actualidade, David Puerto (25 de maio) e Dani Rovira (31 de maio, 1 e 2 de xuño), completan a programación teatral do mes.

1888. Señorita Xulia é unha versión anovadora do texto clásico de August Strindberg. Ideada e dirixida polos seus intérpretes, a proposta foi moi ben acollida por crítica e público en Madrid. Chega a Vigo, en galego, no Día das Letras Galegas.

Músicas dende Vigo e  Galicia

Cinco son as propostas musicais que completan a programación do Teatro Afundación en maio. O día 11, a Coral Casablanca e a Orquesta de Vigo presentan o «XLII Memorial Camilo Veiga», en homenaxe a quen fora presidente do Mercantil e fundador de Amigos da Ópera de Vigo. Na semana seguinte a Asociación Cultural Traspés celebra o seu concurso de canto e percusión tradicional. O concerto en Vigo da xira coa que a orquestra folk de Galicia, Sondeseu, celebra o seu XX aniversario, será o venres 24 de maio (20.30 h).

A oferta musical do mes no Teatro Afundación complétana os dous últimos concertos da tempada de abono no primeiro semestre do ano. Comparecerán a Real Filharmonía de Galicia (23 de maio) con Herdanza Africana e máis a Orquestra Sinfónica de Galicia, o día 30, cun programa con obras do húngaro Béla Bartók e do noruegués Johan Halvorsen.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078