
O Parlamento de Galicia expón na Sede Afundación de Lugo unha escolma da súa colección de arte
A Sede de Afundación en Lugo acolleu esta tarde a inauguración da exposición «A nosa arte», que se poderá visitar ata o próximo 21 de xaneiro. No acto estiveron presentes o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; e María Victoria Carballo-Calero, unha das tres persoas que comisariaron a mostra.
A exposición está constituída por unha selección de 33 pezas da Colección de Arte do Parlamento de Galicia, que atesoura un total de 300 obras de arte galega, unha memoria viva das diferentes etapas históricas que, ao longo dos últimos cen anos, determinaron as tendencias artísticas adoptadas en Galicia.
Esta mostra, na que colaboran tamén a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes, caracterízase pola súa vocación de difusión entre a cidadanía galega. Deste xeito, a Sede de Afundación en Lugo é a cuarta das itinerancias dun proxecto que está a percorrer todas as sedes da Obra Social de ABANCA en Galicia, incorporando, ademais, en cada localidade, algunhas das pezas das creadoras e creadores máis emblemáticos desa zona en particular. Trátase, pois, como resaltou Pedro Otero, director xerente de Afundación, na inauguración de hoxe, «dunha iniciativa fundamental para afianzar o coñecemento do esforzo e da implicación de tantas e tantos artistas de Galicia por contribuír ao enriquecemento do noso patrimonio cultural mediante a combinación dos trazos identitarios propios e a necesaria influencia internacional. Nesta mostra en Lugo, cidade de raizame bimilenaria e de grandísimos nomes de intelectuais do galeguismo contemporáneo, contemplamos a conxunción de correntes mercé a que xorde unha arte galega que, desde finais do século XIX, actúa como unha das máis potentes canles de comunicación desde Galicia e cara a Galicia».
Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, destacou que esta iniciativa «responde e fai visible ou compromiso da primeira institución de Galicia co conxunto do territorio ao que serve, sexa non litoral ou non interior, na mariña ou na montaña, non urbano ou non rural, unha realidade poliédrica que temos a obriga de ter presente, respectando sempre a súa diversidade». Santalices Vieira recordó que «en Galicia percibimos o legado da vella Gallaecia, especialmente vivo nesta capital do convento lucense, Lucus Augusti, historia que cómpre coidar e reivindicar».
Comisariada pola Real Academia de Belas Artes a través de tres dos seus académicos, María Victoria Carballo-Calero, Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Valle Pérez, poderá visitarse ata o próximo 21 de xaneiro, en horario de luns a sábados (excepto festivos) de 17.30 a 20.30 h.