
O novo espectáculo de Vaquero e Clavero, con Afundación en Santiago e Vigo
19.05.2022. O Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela e o Teatro Afundación Vigo acollerán o 27 de maio ás 21.00 h e o 28 de maio ás 19.00 h, respectivamente, a nova proposta cómica de Vaquero e Clavero, «Nunca llueve a gusto de todos». As entradas están á venda en Ataquilla.com.
As imaxes están dispoñibles aquí:
https://drive.google.com/drive/folders/12U5MCKO14yUkDt3E0vvkb9LnQsH73byq?usp=sharing
Este espectáculo reúne dúas das grandes figuras da comedia española contemporánea, José Juan Vaquero e Álex Clavero, quen se propuxeron demostrar a conveniencia e inconveniencia dun mesmo suceso: as dúas caras dunha mesma moeda. Cun diálogo dinámico, rápido e no que os artistas se afastan das súas habituais liñas televisivas, trátase dunha proposta pensada para o directo do escenario con público.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.