
O novo disco de Xabier Díaz, en Afundación en Santiago e Pontevedra
13.05.2022. O Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela e a Sede Afundación de Pontevedra acollerán o 22 de maio ás 19.00 h e o 28 de maio ás 20.00 h, respectivamente, a presentación do novo disco de Xabier Díaz «Levantarse e caer». As entradas están á venda en Ataquilla.com.
As imaxes están dispoñibles aquí:
https://drive.google.com/drive/folders/1TEEdDPN5a1iKc2Tl0KD3Mok1dzYrhu1I?usp=sharing
Hai un lugar chamado infancia, nese lugar recíbense os impactos máis radicais da existencia, eses que perduran no tempo, eses que renacen cando xa nin se recordaba que ocurreran. O amor, a inxustiza, a amizade, o medo, o respecto, a envexa… algúns fan dano e outros son curativos.
Buscar o lugar onde estaban agachados pode ser de grande axuda. Despois toca recolocar de novo. Aprender a perder e a gañar sen importar o lugar, relativizar o éxito e o fracaso, caer e levantarse… levantarse e caer.
«Levantarse e caer» é un pequeno tratado sonoro de todo iso e nel encóntranse algunhas cancións de berce, algunha canción para reivindicarse e outras para curarse.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.