• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O festival IKFEM 2020 e Afundación presentan o cartel da súa primeira programación online: IKFEM DIXITAL
Sala de prensa
O festival IKFEM 2020 e Afundación presentan o cartel da súa primeira programación online: IKFEM DIXITAL

O festival IKFEM 2020 e Afundación presentan o cartel da súa primeira programación online: IKFEM DIXITAL

martes, 29 de setembro de 2020
Cultura

29.09.2020. Afundación TV será a canle de emisión de la programación dixital en directo que este ano integra o cartel do Festival de Teclado da Eurociudade Tui - Valença (IKFEM), que alcanza con esta a súa oitava edición. Este ano, o encontro actualízase a raíz da actual situación de pandemia cunha proposta de IKFEM Dixital en paralelo coa presencial. Así, os días 3, 5, 6, 8 e 9 de outubro están previstos concertos que, de forma online, ofrecerán artistas, moitos deles novos valores a quen este festival impulsa na súa carreira musical, e que, dalgún xeito, se viron afectados pola COVID-19. Así, tras a selección de todas as propostas enviadas, a organización publicou xa os nomes dos novos talentos que serán cartel dixital neste Festival de Teclado da Eurociudade Tui - Valença (IKFEM).

As imaxes están dispoñibles aquí.

 

O programa

Emilio Villalba e Sara Mariña

Músicos especializados no estudo, recuperación e difusión dos sons e instrumentos históricos, fundamentalmente entre os séculos VIII-XVI. Levan máis de sete anos traballando xuntos nun amplo labor concertista por todo o territorio nacional, Portugal e Francia, con espectáculos de música medieval onde conxugan o teatro, a narrativa e unha gran riqueza tímbrica na interpretación das pezas.

 

Galifunk Brass

É un grupo de 10 músicos dos arredores de Pontevedra influenciados principalmente polas bandas de música estadounidenses. Buscan romper coas pautas do clásico e fan as súas propias versións orixinais de temas disco, funky, soul e R&B. O seu repertorio abarca desde temas propios dos setenta, como os de Aretha Franklin, ata o máis actual, como Bruno Mars.

 

Pablo Lesuit

Pablo Lesuit é un músico multiinstrumentista, cantante e compositor galego que destaca na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independente. Nos últimos anos colaborou en gravacións e concertos con artistas como Jorge Drexler, Eladio y Los Seres Queridos ou Esmeralda Escalante de Aínda Dúo, e participou en grandes festivais de España e Latinoamérica.

 

Paraíso Canto

Grupo que xorde en 2019, formado por Gabi Reboredo e Martiño Malleiro. Con distintas formacións musicais, a de Martiño máis académica (clásica, jazz), e a de Gabi máis autodidacta, pero ambas ligadas ás tradicións. Parten do repertorio musical da tradición oral galega, investigan diferentes sons e incorporan tamén música doutras culturas do mundo.

 

Versos Versus Virus

Esta iniciativa xurdiu durante o confinamento da man de Juan José Bustos Pérez, músico multiinstrumentista. A idea agromou cando encontrou un audio da poeta malagueña Kris León e decidiu musicalizalo e arroupalo con imaxes. A Kris León gustoulle tanto o resultado que Juanjo decidiu estender a proposta. A día de hoxe son máis de corenta poetas quen prestaron as súas voces para este proxecto creativo.

 

 

 

Ainhoa Arteta en Afundación TV

No marco deste festival, Ainhoa Arteta, unha das voces imprescindibles do panorama operístico actual, ofrecerá un concerto que se emitirá o 7 de outubro ás 21. 00 h en directo en Afundación TV, de forma gratuíta. O recital, titulado «Canciones del recuerdo», desenvolverase no Teatro Municipal de Tui no marco do International Keyboard Festival & Masterclass da Eurocidade Tui – Valença (IKFEM) e contará coa participación de, ademais da soprano vasca, Javier Carmena ao piano. Trátase dunha viaxe polas cancións do recordo con grandes autores do repertorio español como Enrique Granados, Antón García Abril e Ernesto Halffter, e os arxentinos Carlos Guastavino e Ariel Ramírez. As entradas para este evento están dispoñibles en Ataquilla.com. O día previo Afundación TV organizará un coloquio con Ainhoa Arteta no que todas as persoas inscritas terán a opción de participar interactivamente a través das plataformas habilitadas para tal fin por parte da Obra Social de ABANCA.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

 

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078