• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O espectáculo SuperArte chega esta tarde por primeira vez a Galicia coa Fundación SIFU e Afundación
Sala de prensa
O espectáculo SuperArte chega esta tarde por primeira vez a Galicia coa Fundación SIFU e Afundación

O espectáculo SuperArte chega esta tarde por primeira vez a Galicia coa Fundación SIFU e Afundación

mércores, 03 de decembro de 2025
Cultura

SuperArte, considerado o espectáculo inclusivo máis importante de Europa, chegará esta tarde por primeira vez a Galicia. A cita será a partir das 19.00 h nun Teatro Afundación de Vigo onde arestora apenas quedan butacas dispoñibles. O evento, promovido pola Fundación SIFU coa colaboración de Afundación, ten como obxectivo visibilizar o talento artístico de persoas con discapacidade e demostrar que a arte pode ser un motor de cambio social e unha ferramenta para a transformación e a integración. Todo o recadado a través deste espectáculo destinarase ao programa de Bolsas SuperArte da Fundación SIFU, que ofrece formación e oportunidades artísticas a artistas con discapacidade.

Este é un dos proxectos que forman parte do programa SuperArte da Fundación SIFU, que ten como obxectivo orientar, formar, acompañar e mellorar a empregabilidade de calquera persoa con discapacidade que teña unha inquietude artística.

Máis de 80 artistas sobre o escenario

Nesta nova edición, o espectáculo SuperArte reunirá sobre o escenario do Teatro Afundación, cun repertorio de oito pezas de música e danza, a 81 artistas con diversas discapacidades que atoparon na arte un medio para superar barreiras e expresar a súa creatividade e o seu talento. Inés Rodríguez, logopeda e divulgadora en redes sociais con parálise cerebral, será a encargada de conducir o espectáculo.

A habitual orquestra inclusiva do espectáculo contará coa colaboración de 23 músicos do Conservatorio Superior de Música de Vigo e da Fundación Igualarte, que se unirán aos protagonistas para crear unha experiencia artística aínda máis enriquecedora. Ademais, membros da Orquestra SondeSeu e músicos da ETRAT presentarán un Medley de Muiñeiras, con arranxos de Anxo Pintos e Oriol Saña, director artístico da produción.

Joel Bueno, artista con parálise cerebral, tocará un piano de cola coa mirada grazas a un brazo robótico desenvolvido pola empresa ABB en colaboración con Erni. Ismael Rosario, co seu EyeHarp controlado coa mirada; Mario Peña, no canto e no ukelele; e Johann Sebastian como barítono, xunto con 20 músicos da Escuela Superior de Música de Vigo, 3 artistas da Fundación IgualArte e diversos colaboradores de Fundación SIFU, versionarán o tema de Ed Sheeran, Perfect.

Pola súa parte, Jair Víctor Codina, bailarín de danza urbana, e Sergio Milán (Crazy Finger), artistas que reivindican a diversidade na danza, presentarán Leds, unha peza de danza urbana coreografiada por Brodas Bros.

Tamén se poderá gozar dunha peza composta por Pascal Kleiman, DJ e produtor que, ao nacer sen brazos, axúdase do Oxi One, un secuenciador multipista que pode tocar cos pés.

No evento participarán ademáis Aarón Moratón, violinista de 10 anos; Adrián Esparza, artista multifacético e cunha carreira musical que abarca desde o canto, o rap, ata a produción musical e a docencia; Nieves López, cantante de rap e produtora, quen presentará a súa nova composición Como a curo; o pianista Iker López; ou a contrabaixista Lucía Sanguino, a primeira persoa con síndrome de Down que forma parte da Orquesta Sinfónica OSCAM.

Arte sen barreiras

SuperArte é un encontro onde a cultura convértese en altofalante da diversidade e a emoción é tan protagonista como os propios artistas. A través de producións propias é unha plataforma que visibiliza as capacidades de intérpretes que demostran que o talento non ten límites.

A produción conta, ademais, con instrumentos tecnolóxicos que fan accesible a música, como o Eyeharp, un software que permite interpretar música coa mirada a persoas con mobilidade reducida, ou o travel sax, unha adaptación do saxo tradicional, máis pequeno e lixeiro, pensado para persoas con capacidade pulmonar reducida ou algún tipo de discapacidade física.

Un espectáculo único en Europa

SuperArte é o maior evento inclusivo e artístico de Europa, coa celebración de máis de 20 representacións nos mellores escenarios de España, o máis recente o Teatro Real no mes de setembro, que reuniron a máis 20.000 espectadores e máis de 100 artistas con e sen discapacidade.

A iniciativa forma parte do programa SuperArte da Fundación SIFU, que promove a formación e a carreira profesional de artistas con discapacidades a través das Bolsas SuperArte. Estas bolsas aseguran unha educación de calidade para aqueles artistas que contan cun talento innato, permitíndolles desenvolver plenamente o seu potencial e dedicarse profesionalmente á súa disciplina.

A Fundación SIFU é unha entidade sen ánimo de lucro que, desde o seu nacemento en 2006, ten como obxectivo desenvolver actividades para a integración sociolaboral de persoas con discapacidade, así como de calquera outro colectivo en risco de exclusión social.

O seu compromiso é transmitir e concienciar á poboación sobre a diversidade que existe na sociedade e a importancia de apostar pola integración e a inclusión das persoas con discapacidade, compromisos que comparte con Afundación e que se materializan nesta colaboración conxunta para a realización desta gala inclusiva.

Fotos e imaxes en vídeo dos ensaios dispoñibles AQUÍ.

As imaxes do evento estarán dispoñibles esta tarde AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078