O Espazo +60 Afundación de Vigo expón as obras realizadas polos participantes no obradoiro de debuxo e pintura
Os participantes no obradoiro de debuxo e pintura do Espazo +60 de Vigo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, dirixido pola profesora María Soliño, amosarán as obras resultantes do traballo realizado durante todo o curso nunha exposición que se inaugurará mañá, mércores 5 de xullo, ás 18.00 h, na Sede Afundación de Vigo (entrada pola rúa Velázquez Moreno). Poderase visitar ata o vindeiro 21 de xullo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h.
A mostra conta con máis de 20 obras de técnicas variadas, desde óleo a debuxo a lapis. Cada unha delas amosa o esforzo dos alumnos e alumnas por dominar conceptos como a luz e a sombra, as gamas, as transparencias ou as texturas. Ao mesmo tempo, atopamos retratos, paisaxes e mariñas que buscan lograr unha estética acorde cos estilos que agradan aos seus autores.