• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias El electo na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra
Sala de prensa
El electo na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra

El electo na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra

mércores, 30 de marzo de 2022
Cultura

30.03.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolverá a súa Tempada de Teatro de xaneiro a xuño no Auditorio Sede Afundación Pontevedra (r/ Augusto González Besada, 2). Mañá, xoves 31 de marzo, ás 20.30 h, Cándido Pázó dirixe a Fernando Coronado e Antonio Mourelos en El electo. A piques de dar o seu discurso de investidura, un novísimo presidente de goberno enfróntase a un inesperado problema: un grotesco tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous. Que esconde cadaquén? Cales son as verdadeiras intencións dun e doutro? Que feitos da nosa vida marcan o noso futuro e, sobre todo, a nosa vocación?

A Tempada de Teatro está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal a entidade invita todas as persoas que asistan a este espectáculo a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de alimentos, non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do teatro. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais.

As imaxes da tempada do Teatro Afundación Pontevedra están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1BdUASes3dUyTIBGk3XcMV5sqCxEQ2No9?usp=sharing

 

OBRAS DA TEMPADA DE TEATRO PONTEVEDRA 2021

A adaptación teatral da grande obra mestra de Emilia Pardo Bazán, Los pazos de Ulloa, estará no Auditorio Sede Afundación Pontevedra o 7 de abril ás 20.30 h, con Pere Ponce, Ariana Martínez e Marcial Álvarez. Un alegato contra a violencia e a crueldade, centrándose no enfrontamento entre o desexo, a paixón e o amor, a violencia rural do mundo caciquil e a cortesía e as boas maneiras da cidade (Santiago de Compostela). Pola obra desfilan un cacique, un cura con paixóns contidas, unha muller namorada…

El abrazo, con versión e dirección de Magüi Mira, e as interpetacións de María Galiana e Juan Meseger, representarase no Auditorio Sede Afundación Pontevedra o 19 de maio ás 20.30 h. Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu latexando. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? É un agasallo do destino ou a creación dun problema que as súas vidas son incapaces de asumir? Son os soños, finalmente, a única realidade posible? Christina Herrström pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar.

Finalmente, María Castro, Miguel Hermoso e Gorka Otxoa representarán La coartada o 19 de xuño ás 20.30 h. Ana é unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao seu mellor amigo para prepararse a testificar na que, sen dúbida, será a declaración máis importante da súa vida. Dela dependerá non só a custodia da súa única filla, senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite, o enfrontamento descarnado cos seus demos revelará ata onde é quen de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078