
O Auditorio da Sede Afundación Pontevedra, unha primavera de cultura, comedia e coñecemento
11.05.2022. O Auditorio de la Sede Afundación Pontevedra acollerá esta primavera unha completa oferta de propostas culturais nas que a comedia, a danza e a música clásica protagonizan unha programación na que cultura e o coñecemento se combinan coa solidariedade da iniciativa «Cultura por alimentos», que anima á doazón de alimentos non perecedoiros ao asistir ás actividades de Afundación e cuxo destino son os bancos de alimentos locais. As entradas para todos os espectáculos que se desenvolverán no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra están á venda en Ataquilla.com.
Noites de retranca: Luis Zahera, Manquiña y Víctor Fábregas
O sábado 14 de maio ás 20.00 h regresan as Noites de retranca a Afundación Pontevedra. O espectáculo de humor máis antigo de Galicia cumpre doce anos repartindo risas nos principais teatros e auditorios do país. Nesta ocasión, poderase gozar do humor emblemático de Galicia co mellor do mellor de Luiz Zahera, o novo texto de Manquiña e a volta aos grandes escenarios de Víctor Fábregas.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.