• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Estudantes e familias participarán en senllas conferencias sobre acoso escolar da experta Carmen Cabestany en Afundación
Sala de prensa
Estudantes e familias participarán en senllas conferencias sobre acoso escolar da experta Carmen Cabestany en Afundación

Estudantes e familias participarán en senllas conferencias sobre acoso escolar da experta Carmen Cabestany en Afundación

mércores, 08 de novembro de 2023
Conocimiento y Formación

O acoso escolar será o tema central das dúas conferencias que impartirá o vindeiro martes, día 14, na Sede Afundación da Coruña a docente, investigadora, e activista contra o bullying Carmen Cabestany. Ambos os eventos forman parte do ciclo Educación Século XXI. Co-fundadora e presidenta da Asociación Non ao Acoso Escolar (NACE), dialogará sobre como previr o acoso, e como afrontalo cando se produce. Manterá un primeiro encontro con escolares, ás 11.00 h, e ás 19.00 h dirixirase ás familias e público en xeral. O acceso á sesión de tarde realizarase previa inscrición na web  Ataquilla.com, convidando os asistentes a colaborar co programa «Cultura por alimentos» entregando a modo de entrada alimentos non perecedoiros que distribuirán a través de FESBAL aos bancos de alimentos locais. Ademais, será emitida en directo a través do portal Afundación TV.

Carmen Cabestany acaba de publicar o libro O bullying é cousa de todos. Acumula a experiencia e os coñecementos adquiridos tras máis de 25 anos como docente e outros 12 anos á fronte da Asociación Non ao Acoso Escolar. Lembra que o bullying é un problema dunha extrema gravidade: afecta a máis de dous millóns de nenas e nenos en España. E cre que o traballo conxunto de estudantes, docentes, familia, policía ou administracións públicas é fundamental para combatelo.

A todo iso referirase na súa conferencia para escolares do próximo día 14 e na que pronunciará, o mesmo día pola tarde, co público en xeral. Trátase de diferentes audiencias e os enfoques das conferencias serán, por tanto, distintos. Aos estudantes lembraralles que «ante o acoso escolar: ti es importante» mentres que a conferencia dirixida ao público adulto titúlase: «Acoso escolar: cando o silencio impera».

O ciclo de conferencias «Educación Século XXI» é xa un marco de referencia de encontro para todas as persoas integrantes da comunidade educativa. Desde o seu inicio, en 2016, desenvolvéronse máis de 100 conferencias con relatores de prestixio como Javier Urra, José Antonio Mariña, Irene Villa, Anna Sans, Iñaki Zubizarreta, Rafael Guerrero, Teresa Viejo, César Bona, David Calle, Ángel Carracedo, David Bueno, Belén Colomina, José Antonio Vázquez Taín, Margarita Pino, José Torres, Ousman Umar, Manuel Isorna, El Langui, Concha Monje ou Patricia Gómez, entre outros.

Con esta proposta, ademais de abordar cuestións innovadoras no ámbito pedagóxico, Afundación quere poñer o foco tamén sobre a importancia dunha educación na que os valores éticos sexan a pedra angular. Para iso, a entidade considera que un dos temas prioritarios é a difusión e a concienciación sobre a necesidade de fomentar o respecto desde a infancia e mocidade, poñendo en valor a importancia da saúde emocional para este proceso de convivencia.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078