• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O ciclo «Educación S. XXI» afonda no TDAH e o seu desenvolvemento ao longo da vida da man de Pilar de Castro
Sala de prensa
O ciclo «Educación S. XXI» afonda no TDAH e o seu desenvolvemento ao longo da vida da man de Pilar de Castro

O ciclo «Educación S. XXI» afonda no TDAH e o seu desenvolvemento ao longo da vida da man de Pilar de Castro

luns, 10 de novembro de 2025
Conocimiento y Formación

«O TDAH ao longo da vida», ese é o título da nova actividade de divulgación programa por Afundación no ciclo «Educación S. XXI», as dúas conferencias que impartirá a especialista en Psiquiatría Infantil e da Adolescencia María del Pilar de Castro Manglano. Haberá unha charla aberta ao público o 18 de novembro, ás 19.00 h, no Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23). Horas antes, ás 11.00 h da mañá, De Castro Manglano pronunciará a conferencia e intercambiará ideas e inquedanzas con escolares de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. As persoas que queiran asistir á conferencia vespertina poden retirar os seus pases, de balde, en Ataquilla.com. 

O ciclo de conferencias «Educación S. XXI» é unha iniciativa de Afundación orientada a reflexionar sobre o labor e os retos de familias e docentes na educación actual. Ten entre os seus obxectivos o de pular o diálogo entre a comunidade educativa e especialistas en diversas materias, con temáticas de actualidade e de moi diferente perfil. Neste outono, e en diferentes localidades galegas, as conferencias e os encontros con docentes e alumnado de «Educación S. XXI» abordan temas coma a conexión entre a dieta, a saúde mental, ou o Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH).

Eficacia no tratamento da TDAH

A psiquiatra María del Pilar de Castro Manglano investiga e trata trastornos psiquiátricos complexos na infancia, adolescencia e xuventude. O TDAH é o trastorno máis frecuente nesas franxas de idade. Ten unha prevalencia que se sitúa entre o 5 e o 8% da poboación, e nun 60% pasa tamén á vida adulta. Os seus tres síntomas nucleares son a ausencia de atención, a hiperactividade e impulsividade.

Sobre a maneira de reducir a prevalencia do trastorno por déficit de atención con hiperactividade na vida adulta, e sobre a convivencia co trastorno cando se mantén na xuventude, disertará De Castro Manglano.

Os tratamentos existentes para esta doenza, axustados a cada perfil, mostran eficacia, seguridade e boa tolerancia. A medicación mellora o desenvolvemento neuronal e facilita un desenvolvemento neurolóxico, cognitivo e da conducta que se adapta aos  patróns considerados típicos.

«Cultura por alimentos»

As actividades do ciclo «Educación S. XXI» son de balde, pero ao formaren parte do programa «Cultura por Alimentos» son tamén unha canle para a recolección de comida que será distribuída entre familias en risco de exclusión. «Cultura por Alimentos» é un programa desenvolto por Afundación e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). No Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela hai contedores para a recolección das doazóns. Os asistentes poderán depositar alí alimentos non perecedoiros. FESBAL encargarase da distribución en Santiago e a súa área de influencia.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078