• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Continúa a venda dos abonos para a Tempada de Teatro Afundación en Pontevedra
Sala de prensa
Continúa a venda dos abonos para a Tempada de Teatro Afundación en Pontevedra

Continúa a venda dos abonos para a Tempada de Teatro Afundación en Pontevedra

martes, 05 de setembro de 2023
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa a venda dos abonos para a súa Tempada de Teatro para a Sede Afundación Pontevedra de outubro a decembro de 2023 na que participarán algúns dos intérpretes máis relevantes da escena española como, por exemplo, Lola Herrera.

As imaxes están dispoñibles aquí.

Os abonos, que teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo das entradas soltas, estarán á venda ata o 10 de setembro na web Ataquilla.com. As entradas soltas estarán dispoñibles a partir do 11 de setembro na web Ataquilla.com e na Sede Afundación de Pontevedra.

OBRAS DA TEMPADA DE TEATRO AFUNDACIÓN EN PONTEVEDRA

Inaugurará a tempada o mércores 18 de outubro ás 20.30 h a peza Equus, de Peter Shaffer, baixo a dirección de Carolina África e coa interpretación de Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mauyor, Mamen Camacho e Claudia Galán. Esta destacada produción da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional debe trata a un mozo que cometeu un acto brutal: sacarlle os ollos cun punzón a seis cabalos que coidaba. A partir de aquí comeza unha investigación na que o psiquiatra deberá investigar sobre que levou a este mozo de boa familia, que xamais tivera ningún problema, a cometer tal atrocidade.

Un Oscar para Óscar será a terceira produción en saír a escena. Será o mércores 22 de novembro ás 20.30 h, baixo a dirección de Mario Hernández e cun elenco conformado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala e Mara Guil. Atopámonos na cidade de Los Ángeles o día no que se celebra a cerimonia dos Óscar, en concreto, nun modesto motel dos arredores. Alí atópase Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, xunto ao ministro de Cultura, Guillermo Barrientos, e á ministra de Facenda, Irene Navarro. Con continuos piques entre os dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha moza de compañía contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala. Este imposible grupo de catro vivirá a noite máis tola das súas vidas.

O xoves 30 de novembro ás 20.30 h sairá a escena El librero de Azaña, de Miguel Murillo, dirixida por Francisco Suárez e coa interpretación de Jacobo Dicenta, Ana Fernández, Juanma Navas, Alberto Luceiro e Isabel Moreno. De ser a encarnación da liberdade e da República para figurar durante moitos anos como o monstro máis infame, Manuel Azaña foi un mito e símbolo español que, por certo, tamén chegou tarde á súa cita co tempo que lle tocou vivir. Desde unha librería de libros usados no Madrid que segue sendo un vínculo entre o vello e o moderno, a historia pasa vertixinosamente no seu escaparate e os libros reflicten os sucesos máis decisivos ocorridos durante vinte anos da nosa historia. Cosme, Pascual, Consuelo e Encarna, xunto ao pobo español, observan o que ocorre e pensan en Azaña, intúeno, interprétano, ámano e ódiano, e esperan algo que, como sempre, non chega.

Finalmente, clausurará a tempada Adictos, protagonizada por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich, o xoves 7 de decembro. Esta obra xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todas as persoas: ata que punto a tecnoloxía nos somete? Somos libres? Que tipo de sociedade construímos? Que nos trae o futuro? Merecemos chamarnos «seres humanos»? A realidade de Adictos é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción que manifesta inquietudes que nos incumben a todas e a todos, cuestionando aquilo asumido como certo. Este texto reivindica a capacidade de reacción do ser humano, ese punto de rebeldía necesario para que as cousas evolucionen cara a unha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.

Todas estas producións teatrais representaranse na Sede Afundación Pontevedra. Ademais, a tempada encádrase no programa solidario «Cultura por Alimentos», levado a cabo en colaboración con FESBAL. Así, os asistentes poderán doar alimentos non perecedoiros depositándoos nos lugares habilitados para eles no acceso ao edificio. Todo o recadado será doado ao banco de alimentos local.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078