
Continúa a Tempada de Teatro de Afundación Vigo con Los pazos de Ulloa
31.03.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo a súa Tempada de Teatro, de xaneiro a xuño, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). A adaptación teatral da grande obra mestra de Emilia Pardo Bazán, Los pazos de Ulloa, estará no Teatro Afundación Vigo o 6 de abril ás 20.30 h, con Pere Ponce, Ariana Martínez e Marcial Álvarez. Un alegato contra a violencia e a crueldade, centrándose no enfrontamento entre o desexo, a paixón e o amor, a violencia rural do mundo caciquil e a cortesía e as boas maneiras da cidade (Santiago de Compostela). Pola obra desfilan un cacique, un cura con paixóns contidas, unha muller namorada…
Ademais, este evento enmárcase no programa «Cultura por alimentos» dinamizado por Afundación e destinado a vincular a participación en actividades culturais coa solidariedade. Así, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia, invita a todas as persoas que asistan ao concerto a que colaboren con esta campaña solidaria acudindo ao recital coa súa entrada e unha doazón de alimentos non perecedoiros que serán recollidos no propio centro.
As imaxes da tempada do Teatro Afundación Vigo están dispoñibles aquí:
https://drive.google.com/drive/folders/1BdUASes3dUyTIBGk3XcMV5sqCxEQ2No9?usp=sharing
OBRAS DA TEMPADA DE TEATRO VIGO 2021
El abrazo, con versión e dirección de Magüi Mira, e as interpetacións de María Galiana e Juan Meseger, representarase no Teatro Afundación Vigo o 18 de maio ás 20.30 h. Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu latexando. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? É un agasallo do destino ou a creación dun problema que as súas vidas son incapaces de asumir? Son os soños, finalmente, a única realidade posible? Christina Herrström pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar.
Finalmente, María Castro, Miguel Hermoso e Gorka Otxoa representarán La coartada o 17 de xuño ás 20.30 h. Ana é unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao seu mellor amigo para prepararse a testificar na que, sen dúbida, será a declaración máis importante da súa vida. Dela dependerá non só a custodia da súa única filla, senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite, o enfrontamento descarnado cos seus demos revelará ata onde é quen de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.