• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Continúa a Tempada de Música Clásica no Teatro Afundación Vigo
Sala de prensa
Continúa a Tempada de Música Clásica no Teatro Afundación Vigo

Continúa a Tempada de Música Clásica no Teatro Afundación Vigo

martes, 15 de marzo de 2022
Cultura

15.03.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A tempada desenvolverase ata finais de maio no Teatro Afundación de Vigo. Inclúe cinco concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia, baixo as batutas de Joana Carneiro, Lars Vogt, Manuel Hernández-Silva, Simone Menezes e Paul Daniel; tres da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixidos por Stanislav Kochanovsky, Thierry Fischer e Pablo González; e un recital a cargo da Orquesta Barroca de Tenerife, coa dirección de Alfonso Sebastián.

Con dirección de Manuel Hernández-Silva e violín de Robert Lakatos, a Real Filharmonía de Galicia estará no Teatro Afundación Vigo, mañá, 16 de marzo, ás 20.00 h cun recital titulado no que Mijaíll Glinka, Henryk Wieniawski e Vasily Kalinnikov serán os compositores que guiarán os acordes desta cita cultural.

A Tempada de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal a entidade invita todas as persoas que asistan a este espectáculo a colaborar con esta campaña solidaria. Trátase dunha iniciativa de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos» que, a raíz do drama humanitario que se vive neste país, se implica tamén coas persoas refuxiadas e a súa cidadanía. Afundación invita os asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin.

As imaxes están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1Fy0cYt4NiSFdbcEb-IrK-MhHJs7hQtG1?usp=sharing

Co compromiso de seguir promovendo as actividades culturais como un mecanismo fundamental para o progreso persoal e social, Afundación estableceu un esixente protocolo de medidas que permitan á cidadanía gozar de eventos de primeira orde coas maiores garantías de seguridade sanitaria.

 

A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h.

A batuta de Thierry Fischer dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia, acompañada polo violín de Philippe Quint, o 31 de marzo ás 20.00 h, nun recital de obras de Erich Wolfgang Korngold (Concerto para violín en re maior, op. 35) e Jean Sibelius (Sinfonía núm. 1 en mi menor, op. 39).

O 19 de abril, a Orquesta Barroca de Tenerife ofrecerá un recital de «Barroquísimo» con dirección de Alfonso Sebastián; contrabaixo barroco e concertino de Lorena Padrón; violíns barrocos de Laura Díaz, Juan Carlos Gómez e Giovanni Déniz; frauta travesa, Pablo Sosa; viola barroca, Iván Sáez; violonchelos barrocos, Fernando Santiago e Elsa Pidre; e contrabaixo, Tomás López. Johann Sebastian Bach será o compositor representado nesta ocasión.

A batuta de Simone Menezes dirixirá á Real Filharmonía, acompañada pola soprano Camila Titinger, o 13 de maio ás 20.00 h, nun recital de obras de Heitor Villa-Lobos (Bachianas brasileiras núm. 4, preludio), Philip Glass (Augas da Amazonia) e Heitor Villa-Lobos (Suite de Floresta do Amazonas).

A Real Filharmonía de Galicia, con dirección de Paul Daniel, actuará o 20 de maio ás 20.00 h. O recital, «Unha viaxe fantástica» consistirá na interpretación de pezas de Octavio Vázquez (Ilusións) e de Hector Berlioz (Sinfonía fantástica, op. 14. Episodio da vida dun artista).

Finalmente, a batuta de Pablo González dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia, acompañada pola viola de Nils Mönkemeyer, o 26 de maio ás 20.00 h, nun recital de obras de Hector Berlioz (Harold en Italia, op. 16) e Maurice Ravel (Daphnis et Chloé: suite núm. 2).

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078