Proxección de 'Un día en Nova York', de Stanley Donen, na Sede Afundación da Coruña
A sede da Coruña de Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle un ano máis as actividades paralelas da programación lírica organizada pola asociación Amigos de la Ópera de A Coruña. Todas estas propostas serán de entrada libre e gratuíta.
O vindeiro luns 1 de outubro, a partir das 19.00 h, continuará o ciclo de cinema coa proxección de Un día en Nova York, dirixida por Stanley Donen e protagonizada por Gene Kelly, Frank Sinatra e Betty Garret. Continúa a homenaxe ao compositor e director Leonard Bernsteins nesta ocasión coa versión cinematográfica dun dos seus musicais máis populares, On the town. O xenial Stanley Donen dirixe aquí a uns novos Frank Sinatra e Gene Kelly nunha das grandes comedias musicais do cinema.