Ciclo de cine «Mulleres» en Sede Afundación Vigo
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, o ciclo de cinema «Mulleres» formado por películas nas que as mulleres son as protagonistas e nas que, nesta ocasión, se retratan as vidas de mulleres relevantes na música, a literatura e a política internacionais. Trátase, en definitiva, dun ciclo transversal que ten como eixe vertebrador o empoderamento das mulleres. Jackie proxectarase na Sede Afundación Vigo, o 27 de marzo ás 19.00 h.
O material gráfico está dispoñible aquí.
Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega de produtos non perecedoiros.
AS PELÍCULAS
Coñecendo a Astrid (Pernille Fischer Christensen, 2018). Biopic da escritora sueca Astrid Lindgren, creadora de Pippi Calzaslargas, que se acabou convertendo nun fenómeno mundial para varias xeracións e nun símbolo feminista. A autora escribiu estas aventuras mentres se recuperaba dunha fractura na perna.