
Ciclo de cine «Mulleres» na Sede Afundación Ourense
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, o ciclo de cinema «Mulleres» formado por películas nas que as mulleres son as protagonistas e nas que, nesta ocasión, se retratan as vidas de mulleres relevantes na música, a literatura e a política internacionais. Trátase, en definitiva, dun ciclo transversal que ten como eixe vertebrador o empoderamento das mulleres. Coñecendo a Astrid, terá lugar na Sede Afundación Ourense, o 28 de marzo ás 19.00 h.
O material gráfico está dispoñible aquí.
Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega de produtos non perecedoiros.
AS PELÍCULAS
Coñecendo a Astrid (Pernille Fischer Christensen, 2018). Biopic da escritora sueca Astrid Lindgren, creadora de Pippi Calzaslargas, que se acabou convertendo nun fenómeno mundial para varias xeracións e nun símbolo feminista. A autora escribiu estas aventuras mentres se recuperaba dunha fractura na perna.
Respect (Liesl Tommy, 2021). Biopic da lendaria cantante Aretha Franklin, que segue a súa carreira desde a infancia, cando cantaba no coro da igrexa do seu pai, ata que conseguiu a súa enorme fama internacional.
Jackie (Pablo Larraín, 2016). Biopic sobre Jackie Kennedy no que vemos reflectidas as luces e sombras da primeira dama máis famosa da historia. Natalie Portman desenvolve un papel impecable polo que foi seleccionada ao Óscar.