Carmen Vela Quartet, en Butaca de Jazz de Afundación na Coruña
A frautista Carmen Vela e o seu cuarteto chegarán á Sede de Afundación para protagonizar o último dos concertos de Butaca de Jazz mañá, sábado 22 de novembro, ás 20.00 h. Construirán a súa participación sobre o seu último traballo discográfico, En Continuo.
Con sonoridade jazzera e algunhas chiscadelas ao swing ou ao jazz latino máis clásico, a música de Vela ten unha sonoridade propia que camiña entre os sons máis contundentes e a textura da madeira. Afundación organiza o concerto de Carmen Vela Quartet no ciclo Butaca de Jazz en colaboración coa Plataforma Jazz España, a asociación sen ánimo de lucro que reúne a festivais, programadoras e programadores e feiras de jazz de toda España.
O ciclo forma parte do programa «Cultura por alimentos», promovido pola Obra Social de ABANCA e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Desde o seu inicio, o programa mobilizou 84 toneladas de alimentos recadados en eventos culturais que se celebran en toda Galicia.
Imaxes nesta ligazón