• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Bibiana Candia recibe o XLII Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba
Sala de prensa
Bibiana Candia recibe o XLII Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

Bibiana Candia recibe o XLII Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

xoves, 16 de decembro de 2021
Cultura

16.12.2021. A Obra Social de ABANCA entregou este mediodía o seu XLII Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba a Bibiana Candia polo seu artigo «Una legión de señoras en bata», publicado en Letras Libres. A resolución do xurado deuse a coñecer nun acto celebrado no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela e retransmitido en directo a través de Afundación TV.

Acompañou a Bibiana Candia, ademais das outras dúas persoas finalistas, Elena Medel e José de Cora Paradela; o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, quen abriu o acto indicando «cada ano por estas datas en Afundación, celebramos a nosa particular homenaxe á palabra escrita, e a quen a le, ao xornalismo literario que sempre nos dá ás para a reflexión e ata para deixar voar os soños. Conmemoramos a escrita con este acto de entrega do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba, que hoxe celebra a súa edición número corenta e dúas». Xunto a el, participaron o presidente e mais o secretario do xurado, Alfredo Conde e Isaac González Toribio, e os vogais Cristina Sánchez-Andrade, Gervasio Posadas, Luis Pousa e Ramón Pernas.

As imaxes do evento están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1znqoeGrS7NeP8-j6ExxPbkH_VLMWwdcj?usp=sharing

O escritor Alfredo Conde foi o encargado de ler a acta do xurado no que exerce como presidente e do que formaron parte nesta edición como secretario, o director de comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA, Isaac González Toribio e como vogais a escritora Cristina Sánchez-Andrade, o director de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Gervasio Posadas, o escritor Ramón Pernas e o gañador da pasada edición, Luis Pousa. Alfredo Conde puxo de manifesto que «as tres persoas finalistas teñen méritos para ser merecedoras do premio, pero, como distinguir o mellor artigo? E, como facer ver que calquera dos tres podería ser o texto gañador? Foi unha decisión complicada».

Pola súa banda, a gañadora quixo salientar que «estou especialmente contenta de que fose este artigo o premiado, porque o considero como unha homenaxe ás nais e avoas, que, cun labor case invisible, posibilitaron que poidamos estar hoxe aquí falando de cultura. É importantísimo que siga habendo medios que dean espazo á escrita do intranscendente, do habitual, porque é a que perdura e a que, ao final, nos di quen somos».

O material fotográfico e biográfico de Bibiana Candia está dispoñible aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1oGAmdjIDcCnHEoWczNDHwxG96EoAdp6z?usp=sharing

O premio, de vocación internacional, e ao que se presentaron 119 artigos publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020, está dotado con 10 000 €. Bibiana Candia súmase á nómina de persoas distinguidas co galardón desde a primeira edición en 1980: Gonzalo Fernández de la Mora, Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez-Andrade e Luis Pousa, gañador da pasada edición.

 

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078