Berto Romero presenta no Teatro Afundación Lo nunca visto, un show cómico con maxia, música e efectos especiais
Berto Romero presentará o 15, 16 e 17 de setembro no Teatro Afundación de Vigo o seu novo proxecto Lo nunca visto, un espectáculo integrado por contidos totalmente inéditos, como reflicte o título escollido polo popular humorista. Coa comedia como protagonista, a proposta escénica integra tamén maxia, música e efectos especiais, que complementan ao show divertido e humorístico ao estilo do máis puro Berto Romero. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
Como un dos grandes nomes da comedia actual en España, Berto Romero é hoxe un referente do humor en televisión, na ficción, en podcast e, sobre todo, na escena, co monólogo en directo ao que volve con este espectáculo de 90 minutos que sorprende ao público e presenta facetas descoñecidas do artista.
Humorista, actor e guionista, ademais da súa faceta televisiva, man a man con Andreu Buenafuente, a súa traxectoria profesional esténdese ao teatro, a xestión, a música ou o cinema en películas como Ocho apellidos catalanes ou Spanish movie, entre outras. En Lo nunca visto, Romero comprométese, en honra ao título do show, a que todo o material que se presenta será novo, ofrecendo aos público aspectos do artista que non coñece.
Imaxe do cartel, dispoñible na seguinte ligazón.