Annie B. Sweet, Teo Cardalda, Nacho Campillo e Shuarma dedicarán un concerto homenaxe a Antonio Vega no Teatro Afundación
Catro das voces máis xenuínas do panorama español das últimas décadas reúnense en Vigo para homenaxear, cun concerto tributo, a vida e o legado musical do tamén cantautor Antonio Vega. Será o vindeiro venres, 16 de febreiro, no Teatro Afundación de Vigo. O máis que probable é que, cando Annie B. Sweet, Teo Cardalda, Nacho Campillo e Shuarma suban ao escenario coa Banda Orixinal de Antonio Vega, no patio de butacas non quede nin un sitio libre. Dez días antes do concerto, apenas quedan entradas á venda en Ataquilla.com.
A excepcional acollida do público vigués a este concerto súmase ao cheo que tamén logrou o cantautor Ismael Serrano o pasado sábado no teatro da Obra Social de ABANCA. E continuará un día despois, o sábado 17, cunha proposta totalmente diferente. As entradas para o espectáculo «La capital del pecado 2.0», do humorista Juan Dávila, xa están esgotadas. Afundación programa un total de espectáculos en Vigo este mes de febreiro.
Unha homenaxe moi especial
«El sitio de mi recreo», o título dunha das cancións do pop español máis populares das últimas décadas tamén dá nome ao concerto homenaxe da Banda Original de Antonio Vega. Xunto a eles no escenario estarán Annie B. Sweet, Teo Cardalda e os cantantes e exlíderes de Tam Tam Go, Nacho Campillo, e a banda Elefantes, Shuarma.
Un día despois chegará ao Teatro Afundación o humorista Juan Dávila. E o xoves 22 de febreiro continúan as artes escénicas: Anabel Alonso subirase ao escenario do Teatro Afundación para dar vida a «La Celestina». E tamén quedan poucas entradas.
Imaxes dispoñibles na seguinte ligazón.