• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Anna Sans conducirá catro sesións interactivas sobre trastornos da aprendizaxe en Afundación TV
Sala de prensa
Anna Sans conducirá catro sesións interactivas sobre trastornos da aprendizaxe en Afundación TV

Anna Sans conducirá catro sesións interactivas sobre trastornos da aprendizaxe en Afundación TV

venres, 06 de novembro de 2020
Conocimiento y Formación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, iniciará en Afundación TV o 12 de novembro ás 19.00 h o seu mes dedicado ao coñecemento dos trastornos da aprendizaxe en idades temperás. A neuropediatra Anna Sans abordará en catro encontros interactivos con todas as persoas que se inscriban aquí para participar, os retos que a discalculia, o TDAH, os trastornos motores ou visoespaciais poden supoñer para as nenas e nenos nun contorno que debe reforzar a súa atención cara a estas circunstancias. A cuarta sesión analizará a temática que concitase maior interese na elección que levarán a cabo os propios participantes. Estas conferencias enmárcanse no ciclo «Educación século XXI», no que recoñecidos especialistas en materias vinculadas cos métodos de aprendizaxe ou a pedagoxía se dan cita en Afundación para invitar a comprender novos contextos de transmisión do coñecemento. As sesións seguintes terán lugar o 19 e 26 de novembro tamén ás 19.00 h.

Afundación asume o desafío de converterse nunha canle de difusión daqueles trastornos da aprendizaxe que, por circunstancias ríxidas de certos contextos, se atopan menos priorizados. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA contribúe a cubrir un baleiro sobre unha cuestión fundamental para consolidar un modelo de ensino aberto e inclusivo, situando o foco do interese nestas temáticas. Para iso, ademais, anímase a que, nestes encontros, as persoas asistentes participen de xeito interactivo nos chats que Afundación TV habilita para tal fin.

A dilatada experiencia de Anna Sans no campo da neuropediatría sitúaa como unha das referentes ineludibles do seu campo en España. A súa nova traxectoria profesional no Intitut Som Via de Neurodesenvolvemento e Aprendizaxe centra o seu labor na potenciación das destrezas das nenas e nenos para identificar aqueles trastornos que poidan estar repercutindo nun menor ritmo de asentamento dos coñecementos. A partir desta detección, e da participación activa de toda a comunidade educativa, o que inicialmente puido ser considerado como unha traba, convértese nun reto do cal a contorna aprende e se beneficia para favorecer o progreso social.

 

«Educación século XXI»

O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación en torno a unha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas de Afundación pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada nena e de cada neno das ferramentas necesarias para perseverar na adquisición da súa autonomía persoal.

As propostas do área Educativa de Afundación abarcan múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior; actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de xeito permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078