
Afundación e a Alianza Francesa de Santiago poñen en marcha o ciclo de cine «Nés en banlieue»
Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración coa Alianza Francesa de Santiago de Compostela, organizou o ciclo de cine francés «Nés en banlieue».
Os filmes Fragile, Bonne mère, Allons enfants, Médecin de nuit e Suprêmes son as escollidas para integrar o cartel deste ciclo que se desenvolverá do 25 de abril ao 30 de maio, con proxeccións en versión orixinal subtitulada todos os martes, excepto o 16 de maio, ás 19.30 h na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19).
Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega de produtos non perecedoiros.
AS PELÍCULAS
O ciclo inaugurarase mañá, 25 de abril, coa película Fragile, de Emma Benestan (2021). Az traballa para un criador de ostras en Sète. Coñécese as ostras de memoria, ábreas por centos. Nunha delas, Az decide agachar un anel, para pedirlle á súa noiva, Jess, que case con el. Dille que non. Os seus amigos deciden animalo e farán todo o posible para apoialo nesta nova etapa da súa vida.
O 2 de maio proxectarase Bonne mère de Hafsia Herzi (2021). Nora, señora da limpeza que rolda a cincuentena, vela pola súa pequena familia nunha barriada dos distritos do norte de Marsella. Tras un longo período en paro, nunha mala noite, o seu fillo maior Ellyes comete o erro de atracar unha estación de servizo. Encarcerado desde hai varios meses, espera o seu xuízo cunha meestura de esperanza e inquietude. Nora fai todo o posible para que esta espera sexa o menos insoportable posible…
A seguinte película, Allons enfants, de Thierry Demaizière e Alban Teurlai (2021), podera verse o martes 9 de maio. O instituto elitista Turgot é un lugar onde se ensina baile moderno e hip hop, aberto a mozos en risco de exclusión social, a cambio dun pequeno esforzo: que aproben as materias xerais de secundaria e bacharelato. Trátase non só de converterse en artista de hip hop, senón de rachar o ciclo que condena os mozos de familias sen recursos a transformarse en casos sociais, carne de canón para o mundo.
Médecin de nuit, de Elie Wajeman (2020), proxectarase o 23 de maio. Mikael traballa como médico de urxencias nocturnas con gran vocación. Entre dúas visitas nos barrios pobres, atende outros desamparados: drogaditos, vagabundos... Trata coa miseria. Pero a súa vida está en ruínas. Sobre todo cando o seu primo farmacéutico lle pide que falsifique recetas para obter Subutex. Unha noite, Mikael decide aafastarse do tráfico de drogas e refacer a súa vida. Pero terá que pagar un prezo alto para o acadar.
O 30 de maio poderase ver Surprêmes, de Audrey Estrougo (2021). Ano 1989. Nas barriadas desfavorecidas de SeineSaint-Denis, unha panda de amigos encontra unha forma de expresarse grazas á cultura do hiphop, que acaba de chegar a Francia. Tras o baile e os grafitis, JoeyStarr e Kool Shen empezan a escribir textos de rap impregnados da rabia que se xesta nos suburbios.