• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación e o sector pesqueiro e marisqueiro retiran más de 52 toneladas de refugallos co proxecto PLANCTON
Sala de prensa
Afundación e o sector pesqueiro e marisqueiro retiran más de 52 toneladas de refugallos co proxecto PLANCTON

Afundación e o sector pesqueiro e marisqueiro retiran más de 52 toneladas de refugallos co proxecto PLANCTON

xoves, 25 de xaneiro de 2024
RSC

O proxecto PLANCTON, impulsado desde 2021 por Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro, permitiu a retirada de máis de 52 toneladas de refugallos de areais e fondos mariños de distintas zonas costeiras de Galicia. Os resultados deste programa multidisciplinar, que en 2023 celebrou a súa terceira edición, déronse a coñecer hoxe nunha rolda de prensa na que participaron Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación; Pedro Otero, director xerente de Afundación; Javier Fraga, responsable de ABANCA Mar; Gustavo Chacartegui, patrón maior da Confraría de Ferrol; Soraya Hermida, vicepresidenta do Club Subacuático Pérez-Sub e mariscadora; Juan José Rial Millán, patrón maior da Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa; Pilar Alves, coordinadora xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación; e Saleta González, directora técnica do proxecto PLANCTON.

 

O material audiovisual da rolda de prensa está dispoñible aquí.

 

Esta iniciativa, destinada a fomentar a conservación e sostibilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar, especialmente nas Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño de Galicia, dentro da Rede Natura 2000, foi posible un ano máis grazas á colaboración de preto de 1000 persoas voluntarias de ABANCA e Afundación, así como de distintos colectivos do sector pesqueiro e marisqueiro e outras entidades que participaron directamente nas diferentes xornadas de limpeza en fondos e costas. Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, subliñou que «co programa PlanctOn, Plan de Conservación Territorial-ON, pretendemos, desde unha perspectiva multidisciplinar, fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades realizadas no mar, especialmente na área de influencia das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de ámbito mariño de Galicia e Rede Natura 2000, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais. Como accións concretas o programa organiza, cunha rede de voluntarios, retiradas de residuos en fondos marisqueiros, retiradas de refugallos en praias, eliminación de flora exótica invasora, manuais de boas prácticas, xornadas formativas sobre sostibilidade económica en materias pesqueira e acuícola e actividades relativas ao fomento da igualdade».

 

Deste xeito, o proxecto PLANCTON, enmarcado na estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundación e das súas actividades de voluntariado ambiental, foi un ano máis un gran eixe vertebrador de distintos axentes, máis de 30, entre os que figuran entidades do sector pesqueiro, como as confrarías de pescadores e asociacións de mariscadoras, asociacións do terceiro sector como Bata, Con Eles ou ASPANANE, concellos, escolares, persoas socias dos espazos +60 de Afundación, o Grupo Naturalista Hábitat, alcanzando, así, un grande impacto en sectores sociais diversos. A iniciativa foi galardoada co Primeiro Premio Nacional de Medio Ambiente nos Premios de CECA e cun Premio Especial na última edición dos Premios Economía Azul da Xunta de Galicia pola súa «importante relevancia para o conxunto do sector, especialmente na protección do medio ambiente».

 

Os nove concellos de actuación das 13 limpezas realizadas en 2023, oito en areais e cinco en fondos mariños, foron: Burela, Carballo, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Ribeira, Ferrol e Vigo.

 

Ademais da retirada de refugallos, a través do proxecto PLANCTON desenvolvéronse campañas específicas co obxectivo de concienciar sobre a importancia de compatibilizar as actividades relacionadas co turismo, coa conservación da contorna. Así, durante o verán púxose en marcha unha nova edición da campaña «Goza da praia sen deixar pegada», para impulsar boas prácticas nas praias con zonas dedicadas ao marisqueo. Con idénticos fins, realizáronse dous vídeos para poñer en valor a participación do voluntario en Baldaio-Razo e Burela. Todo iso, de acordo co compromiso de ABANCA e Afundación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, de maneira especial cos ODS-13 Acción polo clima, ODS-14 Vida submarina e ODS-17 Alianzas para lograr obxectivos, como é o caso deste tipo de colaboracións coas confrarías na mellora e coidado das costas e do mar.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078